Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
eco62
transforma
Quen Debe a Quen? exixe para Haití recursos suficientes e cancelación da débeda externa PDF Imprimir Correo-e
Sunday, 17 de January do 2010

logo_qdq.jpgA campaña Quen Debe a Quen? (da que fai parte Verdegaia) únese ao chamado mundial por unha resposta urxente, persistente e solidaria co pobo de Haití, que inclúa a cancelación imediata e incondicional da ilexítima débeda externa que até o día de hoxe se cobra a Haití.

As organizacións e persoas que formamos a campaña pola anulación da débeda Quen Debe a Quen? queremos expresar o noso apoio e solidariedade co pobo de Haití, e acompañalo nestes momentos de enorme sufrimento. Sumámonos ao chamamento internacional para que os pobos e os gobernos do todo o mundo respondan con urxencia, persistencia e solidariedade, ante o terrible terremoto que sacudiu a vida dese digno e valente pobo, afectando directamente a unha terceira parte da poboación -tres millóns de persoas- e sumando unha destrución de inimaxinables proporcións ao que xa era, para a inmensa maioría, unha situación de tremenda precarización coa violación cotiá dos seus dereitos humanos máis elementais. 

O grau de destrución que alcanzou o terremoto do pasado martes en Haití é froito en boa medida da situación de empobrecimiento que vén sufrindo desde hai décadas o pobo haitiano. Os impactos da dominación imposta por medio da débeda externa, o libre comercio, a imposición dun modelo agrícola industrial e exportador, o saqueo da súa natureza e a invasión de intereses transnacionales, agravaron sen dúbida a vulnerabilidade do país ante os desastres naturais. Tal e como denuncia a rede Xubileo Sul, que nos últimos anos liderou unha campaña de denuncia da ocupación militar por parte das tropas da ONU e pola cancelación da débeda de Haití, "a condición de vulnerabilidade do país ás traxedias naturais -provocada en grande medida pola devastación do ambiente, pola inexistencia de infraestrutura básica, polo debilitamiento da capacidade de acción do estado- non está desconectada desas accións [pagamento da débeda externa, libre comercio, supeditación aos intereses transnacionais e ocupación militar], que atentaron historicamente contra a soberanía do pobo".

Desde Quen debe a Quen? consideramos que é a nosa responsabilidade, como parte da comunidade internacional, actuar de forma contundente para que o pobo de Haití poida reconstruír o seu país e poida forxar un futuro libre da explotación e dominación que sufriu até o de agora. Neste sentido, a resposta en forma de axuda humanitaria debe ser xenerosa e imediata, pero tamén de calidade. Así, os recursos destinados á axuda de urxencia e a reconstrución deben ser desligados dos intereses comerciais dos doadores, que non xeren novo endebedamento (en forma de doazóns en lugar de créditos), e libres de calquera condicionalidade. Á vez chamamos aos países e institucións financeiras a cancelar de forma imediata e incondicional a ilexítima débeda externa que Haití segue pagando ata hoxe, a pesar de ser o país máis empobrecido de América Latina.

As devanditas accións deberían ser asumidas como propias de forma imediata polo Goberno español. Así, este debería comprometerse a non utilizar instrumentos como os créditos FAD na axuda de urxencia e para a reconstrución de Haití, e comprometer no seu lugar doazóns libres de intereses comerciais e económicos. Demandamos tamén ao Goberno español a cancelación imediata e sen condicións dos perto de 30 millóns de euros de débeda externa que Haití debe ao Estado español [1]. Esta cifra supón 10 veces a achega da cooperación española anunciada hoxe pola Vicepresidenta do Goberno para axuda de urxencia a Haití. Así mesmo instamos ao Goberno español a que apremie ao Banco Interamericano de Desenvolvemento e ao Fondo Monetario Internacional, principais acredores de Haití e de cuxos órganos de decisión fai parte o goberno, así como ao resto de gobernos da Unión Europea e do mundo, para que procedan tamén a unha cancelación total, imediata e incondicional da débeda externa de Haití, así como con axuda de urxencia e reconstrución substancial, incondicional e non reembolsable. Neste sentido non cremos que o crédito de 100 millóns de dólares que o FMI planea ofrecer a Haití dentro do seu Programa de Redución da Pobreza e Crecemento sexa a mellor forma de axudar á reconstrución en Haití.

Finalmente, a campaña Quen Debe a Quen? adhere ao chamamento de Xubileo Sul para reparar a Haití pola inxustiza estrutural que sufriu, que agrava as consecuencias do terremoto. Convidamos a difundir amplamente o manifesto "Solidariedade e respeito á Soberanía Popular: Haití chámanos ".

[1] Haití fai parte da Iniciativa de alivio da débeda para os países empobrecidos altamente endebedados (coñecida como HIPC polas súas siglas en inglés). En xuño de 2009 Haití chegou ao momento de culminación de devandita iniciativa, sendo beneficiario dunha cancelación de débeda de 1.200 millóns de dólares. Esta cancelación foi acordada en xuño pasado tanto polos acredores multilaterais (Banco Mundial, FMI e Banco Interamericano de Desenvolvemento) como bilaterais (Clube de París), e non tras o terremoto como informaron algúns medios de comunicación. A devandita redución da débeda concedeuse a Haití tras a aplicación de duros axustes e reformas económicas.

A pesar da importante redución, Haití segue a ter unha débeda externa de 641millóns de dólares. A orixe desa débeda está en grande medida no réxime ditatorial de Duvalier, polo que a podemos considerar unha débeda odiosa e ilexítima. A metade desta débeda é co Banco Interamericano de Desenvolvemento e co FMI. A outra metade é bilateral, destacando a débeda con Venezuela e Taiwan. En 2010 Haití ten un pago da débeda ao FMI e ao BID duns 10 millóns de dólares, que serian moi necesarios para a recuperación do país (fonte www.jubileeusa.org ).

Parte desta débeda é tamén co Estado español (28,57 millóns de dólares segundo os últimos dados dispoñibles de 31/12/98, o que supuña un 0,34% da débeda da que é acredor). A pesar do compromiso do Goberno de cancelar a débeda dos países que chegasen ao momento de culminación da Iniciativa HIPC, dita cancelación resta pendente para con Haití. En calquera caso, o compromiso do Goberno era de cancelar o 60% da débeda e realizar unha conversión de débeda co 40% restante, de maneira que o país debería depositar os recursos correspondentes a ese 40%, en moeda local, nun fondo fiduciario. O chamado de Quen Debe a Quen? é para unha cancelación inmediata e incondicional do 100% de devandita débeda.

Quen Debe a Quen?

 
Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top