|
Roteiro Noctua: Aves nocturnas en Pontevedra |
|
|
|
|
Wednesday, 13 de January do 2010 |
 Comeza un novo ano e voltan os roteiros do núcleo comarcal de Pontevedra. Este ano pretendemos enfocar a nosa estancia no campo a coñecer e aprender máis sobre a fauna e a flora que nos rodea; non desexamos que un roteiro se convirta nun simple paseo polo medio natural. Polo tanto, cada roteiro irá dirixido á coñecer máis sobre unha especie o un grupo de especies en concreto. A exitosa experiencia pola senda na memoria do lobo rematada cunha ponencia sobre a conservación da especie á que asistiron case 40 persoas nos deixou bo sabor de boca e nos animou a seguir nesa dirección.
O próximo día 22 de xaneiro terá lugar o roteiro NOCTUA orientado a escoitar aves nocturnas como a Curuxa (Tyto alba), a Avelaiona (Stryx aluco) e o Moucho (Athene noctua). Os interesados en participar deberán presentarse ás 19h diante do pavillón de deportes de Pontevedra ou ás 19h30 diante da escola naval de Marín. O
roteiro ten un percorrido circular duns 6 km, unha duración aproximada
dunha hora e media e será guiado polo ornitólogo especialista en aves
rapaces: Juan Carlos Epifanio.
Máis información: pontevedra(a)verdegaia.org
|