Medio Rural repoboa con especies alóctonas dentro de espazos protexidos
Wednesday, 13 de January do 2010
Verdegaia quere manifestar a súa
máis rotunda oposición á política de repoboacións que está a levar a cabo Medio
Rural en espazos protexidos da Rede Natura 2000. A plantación de piñeiros no
Courel, a última das actuacións desta Consellería polo de agora, pon de
manifesto a nefasta política ambiental dunha Xunta de Galicia incapaz de xestionar
axeitadamente os lugares máis valiosos da nosa xeografía.
A substitución das especies
autóctonas por especies foráneas supón unha grave ameaza dos ecosistemas, tanto
pola perda de biodiversidade que isto supón, como pola alteración das fráxiles
relacións existentes entre as comunidades animais e vexetais, que podería
conducir á extinción das especies máis sensibles á alteración do seu hábitat.
O emprego de especies non
autóctonas, ademáis, incumple a lexislación vixente, xa que:
A Lei 9/2001 de 21 de agosto de Conservación da
Natureza, no seu título II da Fauna e Flora recolle que “se adoptarán las
medidas precisas para regular a introducción e proliferación incontrolada no
medio natural de especies distintas ás autóctonas”.
A Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da
Biodiversidade, dentro do capítulo adicado aos Espacios Protexidos Rede Natura
2000, indica que “as administracións
competentes tomarán as medidas
apropiadas para evitar nos espacios da Rede Natura 2000, o deterioro dos
hábitat naturales e dos hábitat das especies, así como as alteracións que
repercutan nas especies que motivaran a designación destas áreas”.
Por todo isto, Verdegaia reclama
un cambio na política medioambiental da Xunta de Galicia e o emprego de
criterios sustentables na xestión dos nosos espazos naturais, ademáis de esixir
o emprego exclusivo de especies autóctonas para calquera repoboación a realizar
nun espazo protexido.