|
Comeza o ano e chega a primeira cita co programa Vai de Roteiros! de Verdegaia. Desta vez iremos acompañando o río Arnoia na provincia de Ourense, el cara a baixo e nós cara a riba. Pasaremos polos Concellos de Allariz e da Merca.
O roteiro partirá da fábrica de coiro de Allariz e comezaremos a ir río
abaixo, aínda que nós iremos pouco a pouco subindo, xa que o río se vai
encanonando. Iremos pola marxe esquerda dereita ao punto de partida. O
roteiro será de dificultade media-alta e desenvolverémolo segundo as
condicións metereolóxicas o permitan, podendo dar a volta ó chegar
á aldea da Pontermida, xa no concello da Merca ou seguir ata a
minicentral. A Pontermida é unha antiga aldea de muiñeiros abandonada e
encadrada nunha paraxe espectacular do canón do río que caracteriza o
lugar. Se ben esta zona estivo densamente habitada, percorreremos un
ecosistema fluvial aínda ben conservado e pouco alterado, froito da
difícil orografía, que mantén unha gran biodiversidade e riqueza
xeolóxica. Ademais, poderemos apreciar toda a arquitectura popular e
xeitos de vida que se xeraron en torno ao río e a cal en parte se atopa
restaurada.
Sairemos ás 10:00 da mañá de Allariz. Quedaremos na fábrica de coiro,
que é moi fácil de atopar: ó saír da autovía que vai de Ourense a
Allariz (a A-52 que vai a Madrid) cóllese a primeira saída para
Allariz. Ó chegar á ponte que atravesa o río, antes de entrar na vila,
cóllese á esquerda. Aquí tedes un mapa para o ver mellor
Hai que vir equipados con roupa de montaña e traer o xantar.
Para calquera dúbida ou para combinar os coches:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|