Verdegaia denuncia a penosa celebración dunha batida de caza de porco bravo na ZEPA “A Limia”
Monday, 04 de January do 2010
Verdegaia denuncia
a celebración dunha batida de caza de porco bravo (Sus scrofa) nas areeiras de Sandiás, nunha zona declarada Refuxio
de Fauna segundo contempla a ordeanual pola que se determinan as épocas hábiles
de caza durante a tempada 2009-2010,amais de estar incluída na Zona Periférica de Protección (ZPP) da ZEPA
"A Limia", declarada o pasado outono pola Consellaría de Medio Rural segundo o Decreto
411/2009, do 12 de novembro, polo que se declara zona de especial protección
para as aves. A batida é a primeira medida que a administración vén de tomar no espazo protexido.
A orde pola que se determinan as
épocas hábiles de caza durante a tempada 2009-2010regula tanto os períodos hábiles de caza, como as
especies sobre as que se pode exercer esta, os métodos autorizados para a súa
práctica e as limitacións xerais ou particulares que afectarán o exercicio da
actividade cinexética no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante a
tempada 2009-2010. Así mesmo, prohíbe o exercicio de toda clase de caza nos
seguintes lugares:
Encoro de Castrelo de Miño (Ribadavia, Castrelo de Miño e Cenlle).
Parque Natural do Invernadeiro (Vilariño de Conso).
Predio de Salgueiros, pertencente ó Parque Natural da Baixa Limia-Serra
do Xurés (Muíños).
Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.
Zona de influencia de explotación de áridos da comarca
da Limia (Sandiás).
Predios da Edreira e As Nabuíñas (Laza).
Zona de reserva integral do Parque Natural da Serra da Enciña de Lastra.
A batida
realizouse como medida para paliar os danos causados polo porco bravo na
estrada OU-531 Xinzo da Limia-Celanova onde se atropelaron animais, feitos que consideramos
que en ningún caso xustifican a súa celebración xa que por ser refuxio de fauna
é a propia Administración a que asume os danos ocasionados non xerando ningún
perxuicio ao TECOR correspondente. Ademais, realizouse na ZPP da ZEPA.que
segundo di o artigo 5º.- do Decreto 411/2009, do 12 de novembro,polo que se declara a
zona de especial proteción para as aves da Limia está destinada a minimizar impactossobre os hábitats das especies mediante a aplicación eo fomento de medidas
agroambientais e prácticasorientadoras que favorezan a súa conservación.
Como se pode entender, a celebración dunha
batida para paliar os danos causados polo porco bravo
nunha estrada non
constitúe ningunha medida encamiñada a minimizar impactossobre os hábitats das
especies senón todo o
contrario, constituíndose deste xeito unha situación absurda e que vulnera o
citado Decreto; os feitos son máis absurdos se se analiza o feito de que é a
mesma administración, a Consellaría de Medio Rural, a que primeiro decreta unha
norma que logo contradí e nun periodo de tempo inferior a dous meses.
Por último e segundo a Lei e oRegulamento de caza en Galicia,
prohíbense ou limítanse entre outros aspectos "O exercicio da caza
nos lugares declarados como refuxios de fauna, sen prexuízo de que por
circunstancias especiais suficientemente
xustificadas a Consellería do Medio Rural acorde a súa autorización para
especies determinadas". Consideramos que con esta práctica autorizada pola Consellaría de Medio
Rural se tende a alterar e alarmar, así como a espantar a caza existente tanto
no refuxio como nos terreos alleos. Así mesmo, a modalidade cinexética
autorizada é unha prácticanon selectiva
xa que ao empregar un número tan elevado de cans para batir, aféctase a todas as
especies alí presentes.
Comunicar
que non é de maior relevancia nen interese coñecer os resultados nen as
capturas realizadas, senón denunciar a época e o lugar onde se acometeu dita
actividade. Ademais e dende a nosa asociación, denunciamos tamén que esta sexa
a primeira actuación que tramite a Consellaría neste espazo protexido onde urxe
tomar medidas de restauración ambiental. Cómpre lembrarquea
declaración dun espazo natural como ZEPA conleva a súa inclusión directa na Rede Natura 2000,
tal como establece a
Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio de 1992,
relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, e
implica ocompromiso de establecer medidas de conservación
adecuadas para evitar o deterioro dos seus hábitats, así como as perturbacións que poidan afectar
significativamente as aves.Estas
medidas poderán
establecerse mediante plans de xestión específicos ou ben integradas en outros instrumentos de
planificación. Así mesmo, o "Proxecto de recuperación das
areeiras da Limia" que se iniciou hai anos vense desenvolvendo moi lentamente e
na zona estanse a repetir impunemente verquidos ilegais, deterioro de
instalacións como observatorios de aves que nalgún caso presentan un aspecto
lamentable, molestias á fauna pola circulación de quads e motos, furtivismo por
falta de vixiancia...
Por todos estes
motivos Verdegaia solicita que se dean explicacións públicas e se
xustifique en base a qué aspectos se autorizou esta batida e que dende a
administración se comece a traballar na toma de decisións que garantan a
axeitada conservación da ZEPA "A Limia".