Inicio arrow Verdegaia - Vigo arrow O troco, máis vivo que nunca  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
O troco, máis vivo que nunca PDF Imprimir Correo-e
Friday, 01 de January do 2010

troco_25_12_09.jpgO pasado sábado 26 de decembro, un mes máis, as asociacións que formamos Vigotroca acudimos á nosa cita con todos os troqueiros de Vigo no barrio do Calvario. Levabamos dous meses con certas dificultades provocadas polo mal tempo: en outubro tivemos que celebrar o mercadiño no Centro Social A Cultural por causa da choiva e en novembro, aínda que as previsións eran malas, arriscámonos... e tivemos que saír correndo cando as nubes (evidentemente aliadas coa máis dura economía de mercado, todo hai que dicilo), deixaron caer ata a última pinga da súa filosofía consumista sobre as nosas cabezas.

troco2_25_12_09.jpgAsí pois, chegamos a decembro con dúbidas (meteorolóxicas e das outras) e ganas de que todo saíse ben. Pero, unha vez máis, os troqueiros de Vigo foron fieis á cita e tivemos ocasión de vivir unha das xornadas máis animadas e concorridas ata a data: unha festa do troco e a cesión, con numerosos intercambios e gran participación. En resumo: un deses días que invitan a seguir esforzándose por difundir unha forma de vida máis solidaria e comprometida.
 
troco1_25_12_09.jpgDesde Vigotroca, queremos agradecer a todos o voso apoio e colaboración. E recordarvos que cada último sábado de mes seguimos no mercadiño de troco e cesión da rúa Urzáiz. E, a partir de xaneiro, se chove, atoparédesnos no segundo andar do mercado do Calvario, cuxa xerencia cedeunos o uso dun espazo.


troco3_25_12_09.jpg O resto do mes, apuntádevos ao troco na nosa web de intercambio: http://vigotroca.arkipelagos.net/

 

 

 

 
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Xuntanzas
Contacto
Tertulias Verdegaia
Ribeiras do Louro
A Ría Non se Vende
VigoTroca
   Home  Print  @ Contact Top