Inicio arrow Enerxía e Cambio Climático arrow Profunda decepción en Copenhague  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Profunda decepción en Copenhague PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 22 de December do 2009

O resultado de Copenhague é tan escaso que nin chega a unha decisión da Conferencia das Partes (COP) da Convención Marco da ONU sobre Mudanza Climática. Os xefes de goberno duns vinte países influíntes fan fracasar o Acordo de Copenhague ao tentaren obrigar ao resto de países a asinaren o seu texto.

Na COP de Copenhague estaban postas as esperanzas de sobrevivencia de millóns de persoas que foron defraudadas. Desde os aspectos formais do resultado principal do Cumio até os contidos, fican moi por debaixo das expectativas e das necesidades da loita contra a mudanza climática estabelecidas pola ciencia.

A COP unicamente "toma nota" do texto presentado, que: non inclúe compromisos concretos e cuantificables de redución de emisións para os países industrializados, nin conxuntos nin individuais, nin no horizonte de 2020 nin en 2050; non existe garantía de que o financiamento dos países do Norte aos do Sur sexa adicional aos compromisos de Axuda Oficial ao Desenvolvemento; e deixa o traballo para máis adiante a pesar de os presentes nesta ocasión eran quen se supón que toman as decisións no mundo.

Este Cumio marcou un xeito de negociar inaceptable para a integridade democrática do proceso, tanto en relación ao papel das organizacións sociais dentro e fóra do recinto oficial, como en relación ao intento de eliminar a toma de decisións dos países no seo das negociacións colectiva e consensuadamente. Ábrese aquí un curto período de reflexión no que analisar se os principios da Convención Marco: multilateralidade, toma de decisións transparente e por consenso, e responsabilidade histórica do cambio climático, seguen vixentes.

O tempo apremia. Un grupo de 27 países deixaron pasar unha oportunidade, que polo ben de millóns de persoas en todo o planeta, esperemos que non sexa única. Cada día que pasa sen un acordo legalmente vinculante, ambicioso e xusto para despois do primeiro período de compromiso do Protocolo de Quioto, é un día menos para construír un mundo libre dun cambio climático de consecuencias catastróficas.

MÁIS INFORMACIÓN

jpg_sebuscan_obama.jpg

 

 

 

 
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top