|
Friday, 20 de May do 2011 |
|
Verdegaia
reclama un desenvolvemento do Plan especial das Brañas do Sar que
teña en conta os valores naturais do Río Sar e a sua ribeira e non
un plan para convertir as Brañas nun parque urbano mais dos varios
que ten a Cidade. O
Plan especial de ordenación, proteción, mellora medioambiental e
acondicionamento das Brañas de Sar non parece amosar, na súa
aprobación definitiva, unha maior sensibilidade ambiental aínda que
insta o Concello de Santiago a adoptar unha serie de medidas
correctoras na actuación urbanística.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Thursday, 19 de May do 2011 |
Verdegaia ven de formalizar a súa adhesión á plataforma Ocean2012. OCEAN2012 é unha alianza de organizacións cuxo obxectivo é transformar a
política europea de pesca para deter a sobrepesca, acabar coas
prácticas pesqueiras destrutivas e garantir un uso xusto e equitativo
dos recursos pesqueiros.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Thursday, 19 de May do 2011 |
|
O movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro”, do que forma parte Verdegaia, segue realizando actividades de diversa índole encamiñadas á consecución da protección efectiva e á divulgacióndos diversos valores deste prezado espazo natural, desta volta unha interesante palestra organizada polo Centro Social Faísca e impartida polo compañeiro Afonso Rodríguez “Maravillas” sobre a riqueza patrimonial, a mitoloxía e a historia da Serra. A actividade terá lugar o vindeiro venres 20 de maio ás 20 h. no local do Centro Social Faísca sito na viguesa rúa Toledo,nº9.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Thursday, 19 de May do 2011 |
|
Xente
pequena do mundo: o vindeiro Sábado 21 de maio, ás 12:00
na praza de Cervantes da cidade de Compostela, o grande contacontos
Anxo Moure, coñecido polos montes coma «Carballo con Botas», fará
unha actuación contacontística e presentará o seu libro-conto
Plantarse,
nun acto organizado pol@s pícar@s de Verdegaia en colaboración coa
libraría Couceiro (que nos acollerá baixo teito se chove).
Acompañaranos tamén a máxica ilustradora de Plantarse,
Irene Contreras.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Wednesday, 18 de May do 2011 |
Retorna é unha asociación sen ánimo de lucro integrada por axentes
sociais, empresas, ONG ambientais e institucións, cuxo obxectivo é
promover un modelo sostible de produción e consumo, impulsando a
recuperación e reciclaxe máximos de residuos. Como primeira iniciativa,
promove a xestión responsable dos residuos a través dun
Sistema de Depósito, Devolución e Retorno (SDDR) de envases de bebida no estado español.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 91 - 100 de 1166 |