|
Tuesday, 07 de June do 2011 |
O vindeiro xoves 9 de xuño a partires das 20h30no CSA Cova dos Ratos o Espazo Aberto Antimilitar do que forma parte Verdegaia convídavos a asistir á charla-presentación da Plataforma pola
Protección da Serra do Galiñeiro ( www.serradogalinheiro.org); os seus obxectivos, actividade e ameazas inmediatas ás que se enfronta a Serra, a cargo dun dos seus membros.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 06 de June do 2011 |
|
Entre o 10 e o 18 de xuño celebrarase a Semana Galega de Comercio Xusto
que, chegada a súa XI edición, estará centrada este ano nos Tratados de
Libre Comercio e na privatización dos dereitos e dos recursos que as
políticas neoliberais están a impoñer. Un ano máis, a iniciativa impulsada por AMARANTE Setem conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e de Verdegaia a nivel xeral e con outros grupos en cada localidade
|
|
Ler máis...
|
|
|
Tuesday, 31 de May do 2011 |
Este vindeiro 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, a Coordenadora
en defensa da ría de Muros e Noia contra o cultivo intensivo de salmón
nas súas augas, integrada por máis de 40 colectivos entre confrarías,
organización de produtores/as, ecoloxistas, sindicatos, etc. convocamos
unha manifestación en Muros baixo o lema "COAS NOSAS RÍAS NON SE XOGA". O
percurso reivindicativo partirá ás 12h dende do porto de Muros e
rematará tras a lectura do manifesto cunha xornada de convivio e lecer. Facemos
un chamado a todas as organizacións sociais sensibilizadas coa
problemática do mar e do litoral para acudir a Muros este vindeiro
domingo e reivindicar conxuntamente un futuro sustentábel para as nosas
rías.
|
|
|
Monday, 30 de May do 2011 |
Como parte do programa das Festas Populares de Compostela 2011(1), Verdegaia organiza unha Avalancha Ciclista Popular que, con saída dende a praza do Obradoiro o vindeiro xoves 2 de xuño, ás 12:00, e regreso ao mesmo lugar, levaranos a efectuar unha conquista festiva e simbólica da Cidade da Cultura.
A obxecto de participar das Festas Populares de Compostela deste ano e reivindicar no concello de Compostela unha cultura máis participativa e apegada á cidadanía e menos baseada en infraestructuras descomunais e lesións ás arcas públicas e o medio ambiente, Verdegaia propón a grandes e pequen@s, deportistas ou non, un roteiro ciclista lúdico e reivindicativo: a Avalancha Ciclista Popular.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 30 de May do 2011 |
|
O mércores 8 de Xuño ás 19.30 20h, Verdegaia organiza na Escola Popular Galega (Rúa Real nº 12, Casco Vello de Vigo) a presentación dos últimos libros de Ramón Fernández Durán, recentemente publicados, que versan sobre o colapso do sistema capitalista e os limites biofísicos que restrinxen a súa lóxica expansionista. “La Quiebra del Capitalismo Global: 2000-2030” e “El Antropoceno". Para a presentación dos libros e o debate posterior contaremos con dous grandes amigos seus: Manolo Sáez de Baladre e Tom Kucharz de Ecologistas en Acción.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 81 - 90 de 1166 |