|
Wednesday, 13 de July do 2011 |
|
c
O vindeiro sábado, 16 de xullo, a asociación ecoloxista
Verdegaia e a asociación cultural Alén Nos organizarán un roteiro
semi-nocturno polo río Fondón e Monte Penide, en Redondela. Quedaremos ás 19:30 na
Igrexa de Trasmaño, punto ao que volveremos ao redor de catro horas e media
máis tarde, tras percorrermos primeiro o río Fondón ata as brañas do seu
nacemento, e logo todo o complexo megalítico de Monte Penide. Remataremos por volta das 24:00 horas. O roteiro é de dificultade media.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Wednesday, 13 de July do 2011 |
Segundo diversos colectivos, entre os que figura a coalición Ocean2012, da que fai parte Verdegaia, a proposta da Comisión Europea para a reforma da Política Pesqueira Común (PPC) presentada hoxe, supón unha oportunidade perdida de garantir a sustentabilidade mariña e a viabilidade das poboacións máis dependentes da pesca nos estados da Unión Europea.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Tuesday, 12 de July do 2011 |
|
O movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro” segue realizando actividades, desta volta colaborando cos acampados de Vigo do movemento 15-M. O vindeiro día 13-7-11 terá lugar as 19:00 h un debate sobre a protección deste espazo natural. Para participar no debate so tes que acercarte á Farola de Urzaiz.
Debaterase sobre os seu numerosos valores ambientais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos e sociais da Serra do Galiñeiro; os impactos que esta a sufrir e os proxectos de grandes infraestruturas que a ameazan; e a necesidade urxente da súa protección legal e efectiva. Así mesmo, tamén este mércores, este movemento social, participará na saída nocturna que o IEM (Instituto de Estudos Miñoranos) fai para visitar o petróglifo da Agua da Laxe en Vincios, Gondomar, no corazón da serra.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Tuesday, 12 de July do 2011 |
|
Cando se cumpren catro meses do
accidente nuclear de Fukushima e cos reactores aínda fóra de control, comezan a
calcularse as doses radiactivas que recibirá a poboación. Os resultados mostran
que a evacuación se realizou de forma inapropiada e que miles de persoas van
recibir altas doses radiactivas.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 11 de July do 2011 |
|
O Tribunal Supremo confirmou en sentenza firme a anulación do Plan de Sectorización de Menáncaro, onde, entre outros, o actual alcalde ferrolá, José Manuel Rey Varela, pretendían a construción, en plena Fraga de Menáncaro, de 69 chalets e un hotel de luxo. Aínda que a Fraga de Menáncaro xa estaba en trámites de protección definitiva, pola acción da Comunidade Menáncaro, ADEGA, SGHN, VERDEGAIA e o Colectivo Ártabra 21, así como polas -aínda que lentas- actuacións do anterior grupo de goberno municipal, co apoio do BNG e EU -polo Eixo Verde e o inicio de expediente de modificación do PXOM-, esta sentenza vén reforzar o obxectivo de protección integral da Fraga de Menáncaro. Paradoxalmente, mesmo a propia Xunta, ao aprobar o seu Plan de Ordenación do Litoral (POL), prohíbe expresamente os desenvolvementos urbanísticos nos "Corredores". O POL sitúa grande parte da Fraga de Menáncaro nun dos corredores ecolóxicos definidos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 61 - 70 de 1166 |