|
Venres, 22 de Setembro do 2006 |
No Día de “A
cidade sen o meu coche”, dedicado este ano ao cambio climático,
a asociación ecoloxista Verdegaia destaca a importancia
crecente do automóbil, e do transporte en xeral, como fonte de
gases causantes do cambio climático. Entre 1990 e 2002, as
emisións do sector do transporte en Galicia aumentaron nun
70%, cando no conxunto de Europa o aumento foi inferior ao 25%.
Grande parte das emisións do transporte prodúcense nos
desprazamentos urbanos e a inmensa maioría teñen a súa
orixe no automóbil. Verdegaia reclama medidas enérxicas
que reduzan o tráfico automobilístico urbano, para
facer cidades a vilas máis saudábeis e para prevenir o
cambio climático.
|
|
Ler máis...
|