|
Thursday, 20 de October do 2011 |
As figuras de protección da natureza, establecidas na Lei 9/2001 de Conservación da Natureza, non son simples títulos nobiliarios para os nosos espazos naturais máis senlleiros. Son, por riba de todo, mecanismos para asegurar a protección, conservación, restauración e boa xestión dos seus valores naturais, garantindo a súa preservación para as xeneracións futuras.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Wednesday, 19 de October do 2011 |
O vindeiro día 22 de outubro
(sábado) ás 12 do mediodía convócase unha concentración na
praza do concello de Trives, na zona máis afectada pola vaga de lumes, en defensa dos nosos montes e para
pedir solucións á Xunta para gandeiros e veciños afectados. Cóntese coa presenza de alcaldes de todo o macizo Central. Que non nos tomen máis o pelo, acudide!!
Mentres Manzaneda arde Feijóo está recollendo votos pola Arxentina e
o conselleiro Juárez por Madrid !!
|
|
Ler máis...
|
|
|
Tuesday, 18 de October do 2011 |
Desde Verdegaia sumamos o noso rechazo á renovación das autorizacións ambientais integradas tanto á fábrica pasteira como á planta química (complexo ENCE-ELNOSA) situadas na Ría de Pontevedra, e convidamos a todos e todas a acudir á MANIFESTACIÓN convocada pola Plataforma en Defensa da Ría de Pontevedra para o DÍA 21 DE OUTUBRO ÁS 20:30 HORAS e apoiada por diversos colectivos do País (entre eles Verdegaia) baixo o lema: ''Razóns abondo''.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 17 de October do 2011 |
A Xunta de Galicia vén de editar unha guía informativa titulada “A Caza en Galicia 2011-2012”, na que inclúe o visón americano (Mustela vison) como especie cinexética.
Chama a atención que na primeira páxina desta guía se afirma que se trata dun “extracto da Orde do 7 de xuño de 2011”, cando nesa Orde non aparece en ningún caso nomeado o visón americano na relación de especies cazables en Galicia. Por este mesmo motivo, esta decisión parece máis froito da improvisación que dunha xestión eficaz do grave problema que supón a presenza desta agresiva especie invasora nos ecosistemas galegos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 17 de October do 2011 |
|
Ademáis do seu impacto ambiental, o proxecto non se someteu ao preceptivo trámite de información pública. En relación ao proxecto denominado “Senda Litoral Costa Ártabra,
Tramo: Sta. Comba-Campelo”, nos concellos de Ferrol, Narón e Valdoviño,
Verdegaia vén de constatar o inicio das obras sen o cumprimento de todos
os trámites legais pertinentes como o sometimento a información pública
tanto do proxecto constructivo como do Estudo de Impacto Ambiental
correspondente, lembrando que a zona afectada está integrada na Rede
Natura 2000 como L.I.C. Costa Ártabra e Z.E.P.A. Costa de
Ferrolterra-Valdoviño.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 21 - 30 de 1166 |