Novo número da revista electrónica Cos Pés na Terra

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

Vén de se publicar o número oito/nove da revista Cos Pés na Terra, unha revista dixital para a información, a reflexión e o debate sobre o medio ambiente e a sustentabilidade. Inclúe unha crónica da participación de Michael Löwy e Joaquim Sempere na XXVII Semana Galega de Filosofía e artigos verbo do decrecemento, o esgotamento dos recursos minerais a escala global, a loita labrega contra unha explotación mineira na Terra Chá, a condena das transnacionais galegas Calvo e Pescanova polo Tribunal Permanente dos Pobos, a conservación do lobo ibérico e a achega da enerxía eólica en Galiza á loita contra a mudanza climática. O editorial está dedicado á crise da biodiversidade. Os libros reseñados neste número son "Colapso" e "La historia cuenta. Del crecimiento económico al desarrollo humano sostenible".

Powered by Bullraider.com