Inicio arrow Blog  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Blog - Content Section Layout
Mesa redonda en Compostela aborda crise financieira global
Mércores, 05 de Novembro do 2008

Mañá, Xoves 6 de Novembro ás 19:30 horas, celébrase na Universidade de Santiago de Compostela un debate sobre as propostas dos movementos sociais de América Latina e Europa ante a crise financieira e económica global.

Ler máis...
 
8 de novembro: Roteiro micolóxico polas fragas do Espindro en Cerceda
Martes, 04 de Novembro do 2008
Unha introdución ao marabilloso mundo dos cogomelos e os fungos, da man do micólogo Martín Souto. Apañamos o tren en Compostela e en menos de media hora estamos a pasear polas fragas do Espindro en Cerceda. Hai que levar o bocata e roupa de monte (botas, impermeábel e paraugas). Quen teña un cesto de bimbias que o leve (e nunca bolsas ou caixas de plástico). Tamén pode ser útil unha navalliña, lápis e papel, un manual de cogomelos e unha cámara de fotos se temos por casa.
Ler máis...
 
A FEG organiza as xornadas "R de redución: menos lixo é mellor"
Luns, 03 de Novembro do 2008
Os vindeirso 7 e 8 de novembro, a FEG organiza as xornadas "R de redución: menos lixo é mellor" coas que pretende debater e falar encol da Redución, o primeiro dos 3 R, e que, aínda que aparece en todas as leis e plans de xestión de residuos, remata por ser a esquecida. Contarán con poñencias mais teóricas, onde falaran sobre a ética da redución, o efecto da publicidade sobre o consumismo e a xeración de residuos, o traballo que se ten feito (ou non) sobre redución desde a educación ambiental, aspectos económicos... e completarán este apartado cunhas comunicacións sobre experiencias ou iniciativas na redución, nas que participará unha representante da Fundació Catalana per a la Prevenció dels Residus i el Consum e tamén representantes de diversos colectivos e administracións de Galiza. Fica pendente a confirmación dalgún colectivo de Portugal. Podes obtermáis información na súa web
 
Verdegaia asina o Manifesto en Defensa da Educación Ambiental
Venres, 31 de Outubro do 2008

O reorganización ministerial realizada polo presidente Zapatero hai uns meses na que finiquitou o Ministerio de Medio Ambiente, e a correspondente Ministra, para crear un macro-ministerio co nome Medio Ambiente y Medio Rural y Marino ten efectos colaterais graves e un deles é a desaparición da Unidade de Educación Ambiental, auténtico referente nacional e internacional en EA. Organizacións de Educación Ambiental de todo o estado veñen de presentar un Manifesto na que denuncian esta desaparición.

Ler máis...
 
Declaración sobre a proposta de "Cumio Global" para reformar o sistema financiero internacional
Martes, 28 de Outubro do 2008
A Campaña "Quen debe a Quen?", da que Verdegaia fai parte, ven de presentar o documento Declaración sobre a proposta de "Cumio Global" para reformar o sistema financiero internacional  na que se esixe unha verdadeira resposta global a unha crise global, unha resposta que xurda froito dun proceso de consulta non excluínte, con participación cidadá e que procure unha verdadeira transformación das relacións económicas internacionais cara un modelo verdadeiramente xusto, sustentábel e responsábel.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 11 - 20 de 546
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top