|
Sábado, 06 de Febreiro do 2010 |
|
Onte, a pesar da ameaza de choiva inminente e dun breve chubasco, 22
persoas asistiron ao Roteiro Noctua organizado polo núcleo comarcal de
Verdegaia Pontevedra. O canto da Avelaiona (Strix aluco) acompañounos durante grande parte do percorrido. Mañán sairemos a colocar caixas niño á Serra do Cando. Darémonos cita diante do pabellón de deportes de Pontevedra ás 10h.
|
|
|
Martes, 02 de Febreiro do 2010 |
|
Este venres 5 de febreiro, O núcleo comarcal de Pontevedra organiza o tan esperado roteiro Noctua.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 21 de Xaneiro do 2010 |
|
Sentimos informar a todas as persoas interesadas que o roteiro Nctua previsto para o xoves día 22 de xaneiro queda aprazado por mor do mal tempo ao xoves día 5 de febreiro. Citarémonos ás 19h diante do pavillón de deportes de Pontevedra e ás 19h30 diante da Escola Naval de Marín. As características do percorrido non se verán afectadas:
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 13 de Xaneiro do 2010 |
 Comeza un novo ano e voltan os roteiros do núcleo comarcal de Pontevedra. Este ano pretendemos enfocar a nosa estancia no campo a coñecer e aprender máis sobre a fauna e a flora que nos rodea; non desexamos que un roteiro se convirta nun simple paseo polo medio natural. Polo tanto, cada roteiro irá dirixido á coñecer máis sobre unha especie o un grupo de especies en concreto. A exitosa experiencia pola senda na memoria do lobo rematada cunha ponencia sobre a conservación da especie á que asistiron case 40 persoas nos deixou bo sabor de boca e nos animou a seguir nesa dirección.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 21 de Decembro do 2009 |
|
Case 40 persoas asistiron este domingo ao roteiro "en memoria do lobo" no concello de Cotobade, organizado polo núcleo comarcal de Pontevedra dentro do programa "Vai de Roteiros!". As partes anegadas pola auga e o xeo no sendeiro non impediron aos asistentes de variada idade percorrer o camiño de 10'6 km de lonxitude, durante o cal se observaron rastros de lobo, se diferenciou o canto de varias aves comúns (páridos, carrizos, gabeadores, etc.) e incluso se disfrutou cunha observación de becada.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 9 de 18 |