Inicio arrow Cogunen@s  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
RA! - Rede Anticapitalista Galega
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg

jlogo_cogunenosé o proxecto educativo ambiental de Verdegaia dirixido ós/ás máis cativos/as, articulado nun grupo estable que desenvolve actividades de outubro a xuño.

pict0038

En Verdegaia creemos que a infancia é unha etapa fundamental na formación de conciencia ecoloxista e de respecto polo entorno, e que o grupo é un medio onde se aprende recíprocamente sobre a vida, a natureza e a nosa pegada no mundo. Cogunen@s procura unha aprendizaxe lúdica non só de conceptos e comportamentos ambientais senón que entende o fomento de valores de convivencia pacífica, aberta e colaborativa como unha faciana máis dunha actitude vital ecolóxica.

Cogunen@s é un grupo de nenos e nenas con idades comprendidas entre cinco e doce anos que se reúnen un sábado ao mes e desenvolven actividades de educación ambiental. O único requisito para ser un cogunen@ é que alguén da unidade familiar sexa socio/a de Verdegaia.

Na actualidade estan desenvolvendo actividades en Santiago de Compostela

Para solicitar máis información sobre Cogunen@s en Compostela preme aquí




@s Cogunen@s desenvolveron a súa actividade mensal arredor do consumo responsábel PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 de Novembro do 2008

im000623.jpgUnha vez máis xuntámonos o sábado 15 de novembro para traballar o tema do Consumo Responsable. Xa é un tema coñecido e traballado noutras ocasións, pero nesta ocasión quixemos tratalo dende a óptica dun xogo de taboleiro.

Ler máis...
 
Un ano máis COGUNENOS regresa das súas vacacións estivais e comeza un novo ciclo de actividades PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 23 de Outubro do 2008

Neste primeiro trimestre o tema elixido para traballar foi o consumo. Por iso decidimos xuntarnos todos no Parque de Belvís, para que coñeceran o proxecto que está levando a cabo o concello de Santiago: as hortas municipais do Parque de Belvís. Estas son unhas parcelas duns 60 metros cadrados cada unha e preparadas para a súa explotación hortícola mediante prácticas agrícolas ecolóxicas ou, cando menos, tradicionais polos cidadáns. Deste xeito podemos seguir consumindo productos naturais, cultivados por un mesmo na propia cidade!!!

Ler máis...
 
Remate da actividade do curso en Cogunen@s Compostela PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 de Xuño do 2007

pict0044.jpgO sábado 9 de xuño, o grupo de Cogunen@s do NC de Compostela despediu as súas actividades até setembro cun roteiro pola beira do Ulla, no Concello de Vedra, dende o Coto de Ximonde ate a área recreativa de Agro Novo. Neste roteiro tamén participaron as familias dos nenos e nenas, xa que durante o curso non poden participar nas actividades.

 

Ler máis...
 
   Home  Print  @ Contact Top