|
Xoves, 26 de Xuño do 2008 |
|
Ecologistas en Acción solicita que se comece a concretar unha reestruturación pesqueira perante a situación de sobreexplotación da maior parte dos caladoiros e perante a crise enerxética que vivimos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 23 de Xuño do 2008 |
|
Galicia non avanza cara á sustentabilidade. É o que se desprende da leitura do último informe anual do Observatorio da Sustentabilidade en España (OSE), do que Verdegaia extraeu nun informe algúns datos para Galicia. Indicadores como as emisións de gases causantes da mudanza climática ou a artificialización do territorio amosan unha evolución negativa. Verdegaia volve demandar que a Xunta cree un Observatorio da Sustentabilidade en Galicia que subministre información independente e rigorosa sobre sustentabilidade, así como que impulse unha estratexia para a sustentabilidade.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 15 de Abril do 2008 |
|
Verdegaia apoia as Normas do Hábitat Galego da Consellería de Vivenda e Solo porque promoven a eficiencia no uso dos recursos naturais ao tempo que melloran a nosa calidade de vida. A aplicación destas normas fomentará o aforro enerxético, o uso eficiente da auga, a reciclaxe e a conservación da paisaxe. Xunto co Código Técnico da Edificación (CTE) de ámbito estatal que entrou recentemente en vigor, as normas do hábitat galego representan un importante contributo para mellorar a habitabilidade e a ecoeficiencia das vivendas, aspectos descoidados até hoxe.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 22 de Febreiro do 2008 |
|
Na procura de afondar nos procesos como as moedas alternativas, as redes de troco e aquelas iniciativas que recuperen a centralidade das persoas dentro dun proceso económico alternativo que aposte polo local e polas redes sociais na vindeira semana celébranse dúas xornadas. As Xornadas "Creando Economías Sostíbeis" na Coruña e as IV Xornadas de Economía Alternativa en Lugo, nas que participa Verdegaia presentando a experiencia dos trocos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 04 de Febreiro do 2008 |
|
Amigos de la Tierra, COAG, Ecologistas en Acción e Greenpeace presentaron unha Declaración de persoalidades e organizacións sociais sobre as aplicacións da biotecnoloxía na modificación xenética de plantas, perante a ameaza que representan para a agricultura e a sustentabilidade. Verdegaia sumouse a esta Declaración que denuncia os perigos e impactos da introdución dos transxénicos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 9 de 20 |