|
Tuesday, 29 de November do 2011 |
Este xoves, 1 de decembro, Amarante e Verdegaia organizan o II Curso Técnico
sobre a Compra Pública Responsábel nas Administracións
Públicas. Ferramentas prácticas para a súa aplicación. Ambas organizacións iniciamos hai dous anos un proxecto para fomentar,
tanto nos concellos como na Xunta de Galicia, a incorporación da Compra
Pública Responsable no seu traballo diario, principalmente no fomento de
criterios éticos, sociais e ambientais na contratación pública.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Thursday, 06 de October do 2011 |
|
Con ocasión das eleccións xerais convocadas para
o próximo 20 de novembro, Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace,
SEO/BirdLife e WWF presentaron "Un programa pola Terra. Demandas para unha
lexislatura sustentable". Este documento expón propostas
ecoloxistas para mudar as
políticas e orientar a acción do próximo goberno cara á sustentabilidade.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 26 de September do 2011 |
|
Se hai algo que ten un valor imprescindíbel para unha sociedade é a súa capacidade de construír colectivamente o seu futuro a través de iniciativas accesíbeis, universais, solidarias e transversais. A sanidade, a atención social, a educación ou a cultura son piares básicos dese espazo colectivo.
Mais coa escusa da “crise” asistimos e padecemos unha ofensiva devastadora co obxectivo de furtar esa construción colectiva froito de loitas, sacrificios e desvelos das xeracións pasadas para dilapidala en mans privadas. Ofensiva que vai medrando en intensidade e que vai deixando graves danos colaterais no seu proceso de desmantelamento do público.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Wednesday, 13 de July do 2011 |
Segundo diversos colectivos, entre os que figura a coalición Ocean2012, da que fai parte Verdegaia, a proposta da Comisión Europea para a reforma da Política Pesqueira Común (PPC) presentada hoxe, supón unha oportunidade perdida de garantir a sustentabilidade mariña e a viabilidade das poboacións máis dependentes da pesca nos estados da Unión Europea.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 06 de June do 2011 |
|
Entre o 10 e o 18 de xuño celebrarase a Semana Galega de Comercio Xusto
que, chegada a súa XI edición, estará centrada este ano nos Tratados de
Libre Comercio e na privatización dos dereitos e dos recursos que as
políticas neoliberais están a impoñer. Un ano máis, a iniciativa impulsada por AMARANTE Setem conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e de Verdegaia a nivel xeral e con outros grupos en cada localidade
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 9 de 52 |