Verdegaia
apoia
as mobilizacións da veciñanza en contra da ampliación do Porto do
Cabo da Cruz para a creación de 500 puntos de amarre a flote e 100
prazas máis para unha mariña seca en terra. As
actuacións están a levarse a cabo en base a un informe de
sustentabilidade ambiental carente de rigor, no que din non
contemplar outras alternativas ao proxecto pola súa dificultade
técnica. Para Verdegaia a mellor alternativa á construción do
dique e contradique que se está a levar a cabo é a alternativa “0”,
é dicir, non facer ningunha ampliación no porto. Dita alternativa
“0” tampouco foi contemplada no Informe de Sustentabilidade
ambiental.
A FEG, da que fai parte Verdegaia, realizou o pasado Domingo 26, co gallo do Día da Terra, un acto reivindicativo na defensa do litoral. Foi en Silgar, Sanxenxo, e con el reclamouse unha xestión integral do litoral e a penalización fiscal das segundas residencias.
O Parlamento Europeo acaba de dar un severo tirón de orellas
ao modelo urbanístico español. Ecologistas en Acción denunciou insistentemente
o crecemento urbanístico dos últimos tempos, salientando que este foi un
proceso especulativo de esferas empresariais e políticas que supuxo un
encarecemento artificial da vivenda e a perda de zonas de alto valor ambiental.
O domingo 15 de febreiro, 5000 persoas responderon ao chamado da Rede Galiza Non se Vende para se manifestar por unha terra viva e unha vida digna para tod@s. Verdegaia, como membro da RGNV, tamén estivo presente. A manifestación percorreu nun ambiente lúdico e retranqueiro as rúas de Compostela para rematar na Quintana, onde se deu leitura ao manifesto que reproducimos a continuación.
O día 3 de novembro saíu publicado o anuncio da intención de declarar
BIC unha zona que rodea o mosteiro de Santa Cristina (concello de
Parada de Sil, Ribeira Sacra ourensá).