|
Xoves, 24 de Xullo do 2008 |
|
Os colectivos Ecoloxistas en Acción e Verdegaia, e mais as redes A Ría Non se Vende e Galicia Non Se Vende, informaron onte en Vigo do outorgamento dun total de 26 bandeiras negras no
litoral galego, co obxectivo de faceren visibles os principais problemas
de destrución destas zonas. Tamén fixaron 8 puntos negros en lugares
onde os problemas que provocan a destrución destes enclaves naturais
"aínda non callaron de todo".
|
|
Ler máis...
|
|
|
Sábado, 19 de Xullo do 2008 |
|
Coa chegada do veleiro Deusa Maat a Vigo, o próximo 23 de xullo, Ecoloxistas en Acción, Verdegaia e a rede “A Ría Non se Vende” presentarán o informe “Bandeiras Negras 2008” sobre a alarmante situación dos ecosistemas litorais do Estado español, e concederán Bandeiras negras e Puntos Negros ás zonas máis agredidas do litoral vigués.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 16 de Abril do 2008 |
|
A denuncia penal foi presentada polo Foro Social de Cangas o pasado día 24 de marzo contra diversos responsables das actuacións tendentes a concretar unha das máis evidentes operacións especulativas que se poden ollar hoxe en Galicia, a urbanización do Salgueirón en Cangas. Esta denuncia xa foi informada polo Xulgado nº 6 de Vigo, admitindo a posible existencia de infraccións penais das comprendidas no artigo 757 da Lei de Enxuizamento Criminal.
|
|
Ler máis...
|
| |
|
|
Domingo, 01 de Xullo do 2007 |
|
Verdegaia-Compostela e Verdegaia-Vigo convídante á proxección do documental “O salario do silencio”, sobre a planta regasificadora que REGANOSA construiu na ría de Ferrol. Serán, respectivamente, no local da Gentalha do Pichel en Compostela (rúa Santa Clara, 21) o mércores 4 de xullo ás 20:30 h, e no Centro Cívico do Casco Vello en Vigo (rúa Oliva nº 12) o xoves 5 de xullo ás 19:30. Logo de cada unha das proxeccións, haberá unha mesa redonda coa presenza do directore, Enrique Banet, da produtora executiva, a actriz Mabel Ribera, e dun representante do Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 9 de 13 |