Inicio arrow Resíduos e contaminación  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Resíduos e contaminación


Contaminación atmosférica por ozono en Pontevedra PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 28 de July do 2010

estacion_pontevedra.jpgA estación de vixilancia da calidade do aire de Pontevedra, xestionada pola Xunta,  rexistrou onte martes 27 de xullo altos níveis de contaminación  por ozono troposférico, chegándose a superar o limiar de información á poboación. Porén, a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non advertiu ao conxunto da poboación pontevedresa desta superación, limitándose a divulgar os datos na sua web sobre calidade do aire. Dadas as elevadas temperaturas é probable que hoxe pola tarde se volva superar o limiar de informacion á poboación de contaminación por ozono.  

Ler máis...
 
O 42,7% da poboación galega respira aire contaminado PDF Imprimir Correo-e
Monday, 26 de July do 2010

arton11787-bcddf.jpgSegundo o informe de Verdegaia e Ecologistas en Acción "A calidade do aire en Galicia durante 2009", baseado en datos oficiais, polo menos o 42,7% da poboacion galega respira aire contaminado se se toman como referencia os valores límite de concentración de contaminantes no aire recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para a protección da saúde humana, máis esixentes que os legais. O tráfico e algunhas industriais, nomeadamente as enerxéticas, son as principais causas de deterioracion da calidade do aire en Galicia.

 

Ler máis...
 
A Xunta non divulga datos para a maioría das estacións industriais de calidade do aire PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 16 de June do 2010
ence.jpg Verdegaia denuncia que para a maioría das estacións de medición das concentracións de contaminantes atmosféricos no aire situadas na contorna de industrias non se divulgan datos sobre os valores obtidos nelas. A Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non vela adecuadamente polo bo funcionamento e a difusión da información destas estacións de vixilancia da calidade do aire xestionadas polas industrias. A resultas dunha queixa perante o Valedor do Pobo presentada por Verdegaia, a Xunta recoñeceu que moitas destas estacións non serven para avaliar a calidade do aire.

 

Ler máis...
 
Luz verde á investigación en vía penal das escouras tóxicas da Ferroatlántica. PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 08 de June do 2010

Fábrica da Ferroatlántica na ría de Corcubión

A asociación ecoloxista Verdegaia vén de recibir con satisfación a comunicación do auto no que o xulgado de instrución nº 3 de Compostela dá luz verde ás dilixencias previas do expediente relacionado coa vertedura das escouras canceríxenas no lugar da Brea en Carballo. O refugallo producido pola Ferroatlántica en Cee foise arrombando durante máis de sete meses por Desguaces Lema S.L. nunha antiga canteira con lagoas.
Ler máis...
 
Desmontando a Luis Lamas, presidente de SOGAMA PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 02 de March do 2010
 A xestión dos residuos estase a converter nun problema máis complexo a cada paso. Non hai máis que ver as declaracións ao Faro de Vigo , emitidas por Luís Lamas, o actual Presidente de Sogama. E dicimos complexo, non só polo problema do seu aumento lineal que parte do modelo de consumo ilimitado no que se atopa inmersa a sociedade galega, senón polo alto grao de caos con que contan as respostas de Luís Lamas para a xestión do lixo.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 Seg. > Remate >>

Resultados 12 - 22 de 55
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top