|
|
Venres, 16 de Maio do 2008 |
|
O vertedoiro ilegal das Nogais, preto do cumio do monte Lago Seco, lindante co Lugar de Interese Comunitario (LIC) Os Ancares-Courel e futuro parque natural, segue aberto e recibindo o lixo deste concello a pesares das reiteradas denuncias perante o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, á Consellería de Medio Ambiente e a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 18 de Marzo do 2008 |
A xestión da auga en Galiza é moi deficiente e precisa acometer unha mudanza radical na xestión dos recursos hídricos que permita mellorar a calidade ecolóxica das augas litorais e continentais mediante a diminución do consumo e unha axeitada depuración. Unha peza fundamental nesta mudanza é a adopción de medidas que impliquen a toda a cidadanía fomentando a co-responsabilidade na procura dunha Nova Cultura da Auga.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 07 de Xaneiro do 2008 |
|
A nova directiva europea de calidade do aire é cualificada como decepcionante por Ecologistas en Acción e como demasiado confusa polo EEB, a federación ecoloxista europea. A nova directiva supón: máis permiso para contaminar, límites de contaminantes menos estritos, prórrogas para os estados infractores e, xa que logo, menos necesidade de aplicar medidas efectivas contra a contaminación do tráfico nas cidades.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 27 de Decembro do 2007 |
 O lixo (a cantidade que xeramos, os tipos, se o separamos correctamente ou non...) é un bon indicador da (in)sustentabilidade do noso modo de vida. Xeramos lixo todos os días do ano, cada vez en maiores cantidades, pero hai datas nas que o noso modo de vida devorador, xerador de destrución ambiental e inxustiza social, chega ás súas maiores cotas. Nestas festas, en datas como Noiteboa, Nadal, Fin de Ano ou Reis o desbaldimento de enerxía e materias primas semella ser o centro da celebración, todo é un exceso: luz, ruído, comida, bebida, agasallos, envalaxes...
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 19 de Decembro do 2007 |
|
A asociación Coto do Frade e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) organizan unhas xornadas sobre a xestión de residuos en Galicia e na comarca do Ribeiro que decorrerán os días 21 e 22 de decembro no Centro Comarcal de Ribadavia. As xornadas teñen lugar no momento en que a Consellería de Medio Ambiente da Xunta está a reformular o modelo de xestión de residuos e preséntanse como unha oportunidade para analisar criticamente a xestión actual dos residuos e para achegar experiencias positivas neste eido. Máis información sobre as xornadas na web da FEG.
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 11 de 24 |