|
|
Luns, 21 de Xullo do 2008 |
|
Preocupadas pola crise alimentaria, climática, financeira e enerxética, así como polos seus efectos devastadores, varias plataformas, redes e organizacións do Estado español, entre elas Verdegaia, solicitaron ao Goberno español que NON dea o seu visto bon á conclusión da Rolda de Doha da Organización Mundial de Comercio (OMC), previsto para esta semana.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 30 de Xuño do 2008 |
|
A dirixente labrega paraguaia Gilda Roa, do MAP (Movimiento Agrario y Popular) viaxou
no mes de Maio a Europa para participar en Bonn no evento Planet
Diversity, celebrado de modo paralelo á Convención da ONU sobre
Diversidade Biolóxica. Fíxoo convidada por CEO (Corporate Europe Observatory) e A SEED Europe (Action for Solidarity, Envinonment, Equality and Diversity), organizacións que aproveitaron, ademais, para facer unha xira europea da campaña internacional "A soia mata".
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 23 de Xuño do 2008 |
|
O acto terá lugar o martes, 24 de xuño ás 20:30 no Centro Social A Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3 baixo), e entregarase material informativo e o programa das actividades alternativas ao Congreso Mundial do Petróleo en Madrid.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 18 de Xuño do 2008 |
|
Amarante e Verdegaia levarán conxuntamente adiante unha acción cívico-lúdica aberta á cidadanía, organizando as Olimpiadas Limpas alternativas á que está por comezar en Pequín en menos de dous meses (bolos, trileiros, obradoiros de confeción de balóns, carreiras solidarias...), xogos cargados de simbolismo e denuncia a través dos cales queremos evidenciar a carencia de dereitos sindicais en moitos países onde están a se instalar filiais de fábricas pertencentes ás multinacionais do deporte amparadas por unhas leis laborais totalmente flexibles que non protexen ás traballadoras e traballadores do país.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 03 de Xuño do 2008 |
|
A dirixente labrega Gilda Roa, coa colaboración da Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos (alianza integrada por Amarante, Sindicato Labrego
Galego,
Verdegaia e Veterinarios Sen Fronteiras), estará en Galiza do 4 ao 6 de Xuño informando sobre os impactos ambientais e sociais dos monocultivos de soia transxénica no Paraguai, que teñen como destino a exportación para a elaboración de agrocombustíbeis e pensos para gandaría industrial. Gilda Roa estará acompañada pola investigadora Nina Holland e a antropóloga An Maeyens.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 11 de 39 |