Inicio arrow Enerxía e Cambio Climático  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Enerxía e Cambio Climático



Verdegaia lamenta a resolución do concurso eólico sen garantías ambientais PDF Imprimir Correo-e
Sunday, 04 de January do 2009

parqueeolicoserra.jpgVerdegaia lamenta que a Consellería de  Industria resolvese o concurso eólico sen garantías ambientais. O concurso, lonxe de cumprir coas recomendacións do "ecoloxismo mundial", como declarou  Anxo Quintana, é un exemplo senlleiro do ecoloxismo cínico que practican os seus responsables.  Os danos que previsiblemente provocará no medio natural serán aínda maiores que os do concurso de 2006, polo maior número de parques admitidos a trámite e por non ter en conta a proposta de ampliación da Rede Natura 2000.

Ler máis...
 
Verdegaia pide que se suspenda o concurso eólico PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 25 de December do 2008

quintana_blanco.jpgVerdegaia demanda, como xa o fixo anteriormente a Federación Ecoloxista Galega, que se suspenda o concurso eólico mentres non se elabore un novo Plano Sectorial Eólico e se amplíe a Rede Natura 2000. Ao se ter convocado o concurso sen fixar previamente límites ambientais adecuados á instalación de novos parques, a ampliación da potencia eólica en 2.325 MW provocará danos graves ao patrimonio natural galego.

Ler máis...
 
Un novo encoro no río Sil: autorización de Santo Estevo II PDF Imprimir Correo-e
Monday, 22 de December do 2008

Cando aínda non rematou o prazo para os temas importantes da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil, séguese aproveitando o tempo para dar máis concesións hidroeléctricas antes de que se poidan cuestionar con máis criterio no marco da planificación hidrolóxica.O día 20 saíu publicada a autorización do cambio de caudal do encoro de Santo Estevo para aproveitalo noutra central de turbinaxe chamada Santo Estevo II.

Ler máis...
 
Manuel Vázquez no Cumio do Clima en campaña electoral PDF Imprimir Correo-e
Sunday, 21 de December do 2008

 A presenza de Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente,  no recente Cumio anual do Clima da ONU, da man da ministra galega Elena Espinosa, é unha operación de puro marketing político en plena precampaña electoral. 

Ler máis...
 
Vergoñento acordo europeo de mudanza climática PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 16 de December do 2008

O acordo atinxido o 12 de decembro polos Xefes de Estado e de Goberno europeos sobre o Paquete de Clima e Enerxía, que define a resposta da Unión Europea perante as alteracións climáticas, foi considerado como un auténtico fracaso pola Rede Europea de Acción contra o Clima. O acordo é inconsistente co obxectivo de contribuír a manter o quecemento global por debaixo dos 2ºC. Organizacións ecoloxistas e de desenvolvemento pediron ao Parlamento europeo que o rexeite.

Ler máis...
 
Crónica desde Poznan PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 11 de December do 2008

cronica_desde_poznan.jpgEstá a decorrer na cidade polaca de Poznan a Conferencia anual dos estados membros da Convención Marco da ONU sobre Mudanza Climática. Unha cita moi importante no camiño cara a un novo acordo internacional para a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro que substitúa o Protocolo de Quioto despois de 2012. Podes informarte sobre a marcha da conferencia a través das crónicas desde Poznan de Pablo Cotarelo, representante da confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción .

 
Ciberacción: crise e mudanza climática PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 27 de November do 2008

arton12878-b7221.jpgEntre o 1 e o 12 de decembro ten lugar en Poznan (Polonia) unha nova Conferencia das Partes da Convención de Nacións Unidas sobre Alteracións Climáticas. A crise económica non pode ser utilizada para debilitar a loita contra o quecemento global, cada vez máis urxente. Participa agora nunha ciberacción para esixir ao Presidente do Goberno que se comprometa a promover en Poznan que os países máis desenvolvidos reduzamos as  emisións de gases de invernadoiro un 30% en 2020, a respecto de 1990.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 78 - 88 de 134
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top