Inicio arrow Enerxía e Cambio Climático  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Enerxía e Cambio Climático



Industria responde aos argumentos sobre a planta de gas de Ribeira que expuxo Verdegaia en 2008 PDF Imprimir Correo-e
Saturday, 22 de August do 2009

A Consellaría de Industria vén de se publicar, o 13 de agosto, a autorización administrativa previa da planta satélite de gas natural licuado (GNL) de Ribeira, á que a asociación ecoloxista Verdegaia presentara alegacións no ano 2008 en relación ás deficiencias de seguranza detectadas no proxecto, aos riscos de transporte do gas por estrada, á baixa sustentabilidade ambiental deste sistema e á súa ubicación nun monte veciñal con alto valor etnográfico.

Ler máis...
 
Verdegaia detecta irregularidades na tramitación da planta de gas en Ribeira PDF Imprimir Correo-e
Monday, 03 de August do 2009

Verdegaia vén de ter acceso ao documento de contrato de aluguer entre o concello de Ribeira e Gas Galicia, levado ao pleno do mes de xuño para a súa aprobación, e aprobado cos votos afirmativos do PP e o PSOE, a abstención do BNG e o voto negativo de IPR; comprobando que este contén irregularidades.

Ler máis...
 
Denuncian o incumprimento do PSOE da promesa de peche de nucleares PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 08 de July do 2009

arton14973-88fb2.jpgA confederación estatal Ecologistas en Acción lanza unha campaña de denuncia ao PSOE por incumprimento do seu programa electoral, xa que non pechou en dúas lexislaturas nin unha central nuclear. Faino concedendo o Premio Atila a José Luis Rodríguez Zapatero e presentando unha campaña gráfica.

Ler máis...
 
Planta de gas no monte San Alberte en Ribeira PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 01 de July do 2009

Ante a presentación no Concello de Ribeira do proxecto de Planta Satélite de Recepción, Almacenamento e Regasificación de Gas Natural Licuado, no monte de San Alberte, Verdegaia vén de solicitar aos partidos políticos da oposición municipal o seu posicionamento sobre o tema. Esta planta suporía a circulación continua de camións con gas licuado pola bisbarra para subministrar a planta, un produto áltamente inflamábel e moi perigoso como demostra o recente accidente na Toscana Italiana. Asemade, representa un dobre investimento para a mesma función xa que existe un proxecto en marcha para a construción dun gasoducto que subministre a Ribeira.

Ler máis...
 
Máis de 200 personalidades asinan un manifesto polo peche de Garoña PDF Imprimir Correo-e
Friday, 26 de June do 2009

arton14859-547b4.jpgEcologistas en Acción e Greenpeace promoveron un manifesto polo peche da central nuclear de Garoña, asinado por máis de 200 personalidades de todos os ámbitos, así como profesionais e empresarios. Verdegaia sumouse a este manifesto a prol do peche de Garoña, unha instalación insegura e totalmente prescindible grazas á achega das enerxías renovables.

Ler máis...
 
Alegacións á explotación hidroeléctrica San Pedro II PDF Imprimir Correo-e
Monday, 15 de June do 2009

Verdegaia vén de presentar hoxe (15 de xuño) alegacións contra a explotación hidroeléctrica San Pedro II, que, aínda que se considera unha explotación independente, é unha ampliación do encoro de San Pedro, facendo un túnel na parede do canón do río (en zona LIC) para aumentar a explotación enerxética cunha central baixo terra que turbinaría máis caudal, que provén dun aumento concedido en Santo Estevo II.

Ler máis...
 
As emisións de CO2 das industrias que participan no comercio de emisións diminuíron o 31,3% en 2008 PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 02 de June do 2009

refineria_repsol.jpgSegundo os datos divulgados polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (1), as emisións de dióxido de carbono (CO2) dos sectores industriais aos que se lles aplica a Directiva Europea de Comercio de Emisións reducíronse en Galicia o 31,36% en 2008 a respecto de 2007. A principal causa desta importante diminución foi a crise económica. O sector con maiores emisións, o da xeración eléctrica, reduciu a súa achega á mudanza climática nun 38%. A térmica de carbón das Pontes (ENDESA) foi responsable do 58% das emisións de todas as industrias galegas que participan no comercio de emisións.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 67 - 77 de 134
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top