Á Coalición Clima , unha alianza
estatal de organizacións sociais que demanda solucións xustas á crise
climática, gustaríalle que fose a opción 2 (le aquí a noticia completa para
coñeceres a opción 1 e a opción 2). E ti,que lle pides a Zapatero para a
reunión preparatoria do Cumio Climático de Copenhague que ten lugar en
Barcelona do2 ao 6 de novembro?
Verdegaia vén de asinar o manifesto "Polo pagamento da débeda climática. Un resultado xusto e efectivo de Copenhague", promovido por Third World Network (TWN). Os países desenvolvidos debemos recoñecer a nosa responsabilidade actual e histórica na crise climática global e asumir a débeda climática que temos cos países empobrecidos.
350 é o número máis importante. Unha concentración de 350
partes por millón (ppm) de dióxido de carbono (CO2) na atmosfera
sería o límite seguro para evitarmos unha mudanza climática global moi perigosa.
Agora estamos en 387 ppm. Unha campaña internacional procura que volvamos canto
antes ás 350 ppm.
Os previsibles acordos internacionais que se atinxan en
Copenhague e a repartición interna da UE fixarán para o Estado español en 2020
un obxectivo de emisión de gases de efecto invernadoiro (GEI) menos ambicioso
que o de Quioto, non contribuíndo deste xeito á redución mundial destes gases
de mudanza climática.
Para Ecologistas en Acción o Cumio extraordinario de Nacións
Unidas sobre a Mudanza Climática encheuse de grandes discursos por parte dos
Xefes de Estado. Todos coinciden sobre a urxente necesidade de reducir emisións
de gases de efecto invernadoiro. Ouvíndoos parece imposible non chegar a un
acordo en Copenhague, xa que todos o cualifican de importantísimo e ineludible.
O problema é que cada un fala sobre o que deben facer os outros.
Verdegaia vén de apresentar recurso de
alzada contra a resolución da consellaría da Industria que dá autorización
previa á Planta Satélite Regaseificadora de Gas Natural en Ribeira. A
resolución foi publicada varios meses despois de se ter cumprido o prazo
ordinario e incluía unhas torpes respostas ás alegacións formuladas por
Verdegaia había máis dun ano.
As emisións de Gases de Efecto
Invernadoiro (GEI) en Galicia aumentaron o 23,4% entre 1990 e 2007. Este e
outros datos recóllense no informe"As
emisións de GEI en Galicia (1990-2007)", no que se difunden publicamente por
primeira vez datos sobre as emisións en 2007. As emisións de GEI en Galicia incrementáronse menos que en España peromáisqueno conxunto dos países desenvolvidos. As
centrais térmicas de carbón achegaron o 39,5% das emisións en 2007. O
transporte é o sector onde máis aumentaron as emisións desde 1990.