Inicio arrow Enerxía e Cambio Climático  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Enerxía e Cambio Climático



Marcha entre a central de Meirama e a incineradora de SOGAMA para celebrar o Día da Terra PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 30 de March do 2010

central_trmica_meirama.jpgDiversas organizacións cidadás convocaron para o sábado 24 de abril unha “Andaina polo Clima” en Cerceda (A Coruña) baixo o lema “O clima non está á venda”. A marcha discorrerá entre a central térmica de carbón de Meirama, propiedade de Gas Natural-Unión Fenosa, e a incineradora de residuos urbanos de  SOGAMA. Deste xeito, as organizacións convocantes súmanse desde Galiza ao Día da Terra, celebración ecoloxista da que en 2010 se cumpren corenta anos.

Ler máis...
 
Recurso de alzada no Concello de Ribeira, contra a Planta de Regasificación do Monte S. Alberte PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 25 de March do 2010
A concesión da licencia municipal de explotación está chea de irregularidades. Verdegaia, como parte interesada, participou cun escrito de alegacións no trámite de información pública da avaliación da incidencia ambiental relacionada coas licenzas de explotación e obras da Planta Satélite de Regasificación (PSR). Avisaba, entre outras moitas cousas, da improcedencia de situar a planta nun terreo público de protección forestal, que segundo a Lei é non urbanizable de protección. A pesar disto, e cun informe do aparellador municipal, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, tamén emite autorización administrativa previa da planta satélite de gas natural.
Ler máis...
 
Profunda decepción en Copenhague PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 22 de December do 2009

O resultado de Copenhague é tan escaso que nin chega a unha decisión da Conferencia das Partes (COP) da Convención Marco da ONU sobre Mudanza Climática. Os xefes de goberno duns vinte países influíntes fan fracasar o Acordo de Copenhague ao tentaren obrigar ao resto de países a asinaren o seu texto.

Ler máis...
 
Organizacións sociais presentan Manifesto Galego polo Clima PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 15 de December do 2009

Por iniciativa da Alianza Galega polo Clima -constituída hai 3 meses por Amigos da Terra, Greenpeace e Verdegaia- diversas organizacións sociais e plataformas cidadás galegas asinaron un manifesto baixo o lema "Sustentabilidade e xustiza contra a crise climática". Coincidindo coa recta final do Cumio do Clima de Copenhague, estas organizacións demandan a nivel internacional e galego a adopción de accións efectivas para previr unha mudanza climática catastrófica.

Ler máis...
 
Pedaladas contra o cambio climático en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Saturday, 12 de December do 2009
thumb_praterias.jpg Perto de 50 ciclousuarios e ciclousuarias percorreron hoxe as rúas de Compostela convocados pola Ra! , sumando os seus chifres e bucinas ao chamado mundial contra o cambio climático. Baixo o lema "Mudemos o sistema, non o clima!", uníronse ao Día de Acción Global contra a mudanza climática. Fixéronno defendendo os tres “c” do principio da Xustiza Climática: contracción (redución) das emisións mundiais; converxencia nas emisións por habitante; e compensación dos gobernos e transnacionais responsábeis da crise climática aos que sufren as súas consecuencias.
Ler máis...
 
A Rede Anticapitalista presenta a pedalada do Día de Acción Global contra a Mudanza Climática PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 10 de December do 2009

 ra.jpgA Rede Galega Anticapitalista, da que forma parte Verdegaia, presentou en rolda de prensa a súa convocatoria para sumarse ao Día de Acción contra o Cambio Climático, que se celebra en todo o mundo o sábado 12 de decembro. Unha marcha ciclista discorrerá polas rúas de Santiago baixo o lema "Mudemos o sistema, non o clima".

Ler máis...
 
As emisións de CO2 procedentes de combustibles fósiles aumentaron o 24,8% entre 1990 e 2007 PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 08 de December do 2009

central_trmica_meirama.jpgAs emisións de dióxido de carbono (CO2) procedentes de combustibles fósiles (carbón, petróleo, gas natural) aumentaron en Galicia o 24,8% en 2007 a respecto de 1990, o ano de referencia para o Protocolo de Quioto. Pola contra, os Estados desenvolvidos que ratificaron este protocolo  diminuíron as emisións un 9,4% por termo medio durante o mesmo período. As nosas emisións por habitante de CO2 debidas á queima de combustibles fósiles son superiores ás emisións medias da UE.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 45 - 55 de 134
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top