Inicio arrow Enerxía e Cambio Climático  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Enerxía e Cambio Climático



España emitirá 9 millóns de toneladas máis de CO2 cada ano polo aumento do uso de agrocombustibles PDF Imprimir Correo-e
Monday, 29 de November do 2010

Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e SEO/Birdlife chamaron ao Goberno Español e á Comisión Europea a revisar urxentemente os impactos reais dos agrocombustibles no cambio climático e na soberanía alimentaria, e a priorizar a eficiencia enerxética no transporte. A nova lexislación debe ter en conta a pegada total de carbono dos agrocombustibles mediante a introdución de factores de mudanza indirecta do uso do solo.

Ler máis...
 
O concurso eólico non é respectuoso coa natureza PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 24 de November do 2010

parque_eolico_xistral.jpgAo entender de Verdegaia, o último ano e medio perdido no desenvolvemento da enerxía eólica en Galicia non serviu para introducir as medidas necesarias para minimizar o seu impacto no territorio. A convocatoria e resolución do concurso eólico sen aprobar antes un novo Plan Sectorial Eólico que estabelecese suficientes zonas de exclusión, fará que a nova potencia eólica de 2.325 MW ocasione danos moi importantes ao medio natural que se poderían ter evitado cunha mellor planificación.

Ler máis...
 
Verdegaia pide a Zapatero que derrogue o decreto do carbón e grave o carbón importado PDF Imprimir Correo-e
Sunday, 31 de October do 2010
tck-jose-luis-rodriguez-zapatero.jpgVerdegaia pide a Zapatero que rectifique por unha vez a favor da sustentabilidade e aproveite os reparos formulados pola Audiencia Nacional e o Tribunal de Luxemburgo para derrogar o decreto que prima as centrais térmicas que queiman carbón español. Asemade, demándalle que grave as importacións de carbón, non ralentice o crecemento das renovables e estabeleza un calendario para o peche das térmicas de carbón e as nucleares.
Ler máis...
 
Zapatero debe apoiar a iniciativa Yasuní-ITT PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 28 de October do 2010

yasun_itt.jpgEcologistas en Acción, Observatorio da Débeda na Globalización e Salva a Selva remitiron  ás autoridades españolas un manifesto asinado por 175 organizacións europeas e latinoamericanas, entre elas Verdegaia, pedindo ao Estado español que contribúa política e economicamente coa iniciativa Yasuní-ITT. Esta iniciativa, promovida polo Goberno ecuatoriano, formula non extraer o petróleo existente no subsolo do amazónico  Parque Nacional Yasuní, un dos lugares con maior biodiversidade do planeta, a troco dunha compensación económica coa que investir no desenvolvemento das renovables  e en proxectos sociais.

Ler máis...
 
Dez razóns para pechar as térmicas de carbón PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 13 de October do 2010

250px-central_termica_endesa_01.jpgAs principais organizacións de defensa ambiental, entre elas Verdegaia, presentaron hoxe o manifesto “Dez razóns para pechar as térmicas de carbón”, no que se opoñen ao decreto estatal que favorece a queima de carbón español nas centrais térmicas, mais non porque prexudique as centrais galegas de Meirama e As Pontes -que usan só carbón importado desde 2008- senón porque o carbón é o combustible fósil máis contaminante. A substitución da electricidade sucia do carbón debería ser a prioridade número un da loita contra a mudanza climática e pola sustentabilidade.
.

Ler máis...
 
Dez preguntas básicas sobre a enerxía en Galicia PDF Imprimir Correo-e
Monday, 27 de September do 2010

Actualizamos as dez preguntas básicas sobre o panorama enerxético do país cos datos dispoñibles máis recentes. O esgotamento das minas de lignito fixo que se acentuase aínda máis a nosa dependencia enerxética externa, de tal forma que en 2008 importamos o 86,2% da enerxía primaria, máis do 99% en forma de combustibles fósiles. O consumo galego de enerxía dispoñible para o consumo volveu aumentar en 2008 aínda que, en termos de enerxía primaria (materias primas enerxéticas), o consumo baixou, ao se reducir a exportación de enerxía dispoñible e ao aumentar a eficiencia na produción eléctrica, pola menor achega das térmicas de carbón.

 
Abandonar o carbón, a mellor medida en Galicia contra o cambio climático PDF Imprimir Correo-e
Friday, 24 de September do 2010

Entre 1990 e 2008 as emisións galegas de gases de invernadoiro aumentaron o 6,2%. Porén, se toda a electricidade xerada con carbón durante 2008 se tivese aforrado ou producido a partir de renovables, as emisións totais de gases de invernadoiro terían diminuído un 20% en 2008 a respecto de 1990. Mesmo se se tivese substituído pola produción sucia dos ciclos combinados terían baixado un 12,4%. Deixar de queimar carbón nas ineficientes centrais de Meirama e As Pontes sería a medida máis eficaz para que Galicia comezase a reducir drasticamente as súas altas emisións de gases causantes do cambio climático, polo que Verdegaia rexeita as iniciativas en defensa das posibilidades de produción destas centrais.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 23 - 33 de 134
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top