Inicio arrow Enerxía e Cambio Climático  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Enerxía e Cambio Climático



35 anos despois de Ferrel ecoloxistas ibéricos piden o peche das nucleares españolas PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 05 de April do 2011

nuclear_naoobrigado.jpgHai 35 anos, a poboación da freguesía de Ferrel, no municipio de Peniche (Leiria), manifestouse contra a construción da primeira central nuclear en Portugal e estabeleceu un fito no rexeitamento ao nuclear en Portugal. Tamén no Estado español nos anos 70 fortes mobilizacións antinucleares conseguiron impedir 10 dos 25 proxectos planeados, entre eles o de Xove, na Mariña luguesa. O accidente de Fukushima veu lembrar que os perigos da enerxía nuclear non coñecen fronteiras. Ecoloxistas en Acción e varias organizacións portuguesas (Quercus, Gaia, Campo Aberto,...) reclamaron o peche das centrais nucleares españolas.

Ler máis...
 
Contra a enerxía nuclear PDF Imprimir Correo-e
Friday, 18 de March do 2011

fotos_acto_antinuclear5.jpg

Concentración antinuclear, en apoio ao pobo xaponés, Vigo 17/03/2011

 
Verdegaia convoca concentracións en solidariedade co pobo xaponés e contra a enerxía nuclear PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 17 de March do 2011

nucleares_ni_aqu_ni_en_japn.jpgEn máis de 30 cidades españolas, Ecoloxistas en Acción convocou para hoxe xoves, 17 de marzo, ás 19h, actos en solidaridade con pobo xaponés e de rexeitamento á enerxía nuclear. A esta convocatoria fóronse sumando diversos colectivos entre os que se encontra Verdegaia. En Fukushima Daichii produciuse o segundo accidente máis grave da historia nuclear mundial, tras o de Chernobil. A situación actual é crítica, dada a fuga radiactiva xa detectada a centos de quilómetros da central de Fukushima. Estes sucesos poñen de manifesto o risco no emprego da enerxía nuclear e aconsellan abandonarmos esta fonte de enerxía. As centrais españolas non están exentas de problemas e supoñen un risco inadmisible. O máis sensato é proceder ao peche escalonado, co obxectivo de prescindir da enerxía nuclear no horizonte de 2020. Por todo isto, e en solidariedade coas víctimas do terremoto, acude ás concentracións.

En Vigo, ante o MARCO, na rúa Principe.

En Ferrol, ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Praza de España).

 

Ler máis...
 
Accidente nuclear no Xapón PDF Imprimir Correo-e
Monday, 14 de March do 2011

nuclear_non_grazas_xapones.jpgDos seis reactores en activo da central de Fukushima-Daiichi (Xapón), o número un, o máis antigo, foi o máis afectado e o primeiro en sufrir a fusión do núcleo. Este reactor BWR de 460 MW de potencia é idéntico ao reactor da central nuclear de Santa María de Garoña, en Burgos, tanto na súa construción interna coma no seu edificio de contención. De feito construíronse ao mesmo tempo e inauguráronse con meses de diferenza.



Ler máis...
 
Propostas para reducir a demanda enerxética PDF Imprimir Correo-e
Monday, 07 de March do 2011

19899_rueda_prensa-81999.jpgAo xuízo de Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, WWF España e CCOO, algunhas das iniciativas do Goberno estatal para diminuír o consumo enerxético, como a redución de velocidade en autovía a 110 km/h, son acertadas, pero carentes da ambición e continuidade necesarias. Por este motivo, as devanditas organizacións lembran ao Goberno as tres proposicións de lei que xa presentaron sobre mobilidade sustentable, fiscalidade ambiental, e aforro e eficiencia enerxética, que permitirían lograr un maior aforro enerxético.

Ler máis...
 
O Senado tenta alongar a vida das deterioradas nucleares PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 22 de February do 2011

arton14859-547b4.jpgA Cámara Alta aprobou, dentro da Lei de Economía Sustentable, que as centrais nucleares funcionen máis alá dos 40 anos, o tempo para o que foron deseñadas. A proposta, de CIU e PNV, foi apoiada por PP e PSOE, partido político, este último, que renuncia así a fixar un calendario de peche incumprindo de xeito determinante as súas promesas electorais.

Ler máis...
 
Proposta ecoloxista de xeración eléctrica para 2020 no Estado español PDF Imprimir Correo-e
Monday, 31 de January do 2011

icon_mix-06836.jpgEcoloxistas en Acción vén de presentar a súa proposta de xeración eléctrica para 2020 que formula unha redución do 26% do consumo eléctrico, do 45% de emisións e inclúe o peche das centrais de carbón, fuel e nucleares para 2020. O 72% da electricidade sería de fontes renovables. Segundo a organización ecoloxista, trátase dunha proposta tecnicamente detallada e, polo tanto, realista e necesaria. Inclúe unha análise dos impactos que virían como consecuencia da instalación de tanta potencia renovable e o tendido eléctrico conseguinte.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 12 - 22 de 134
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top