Inicio arrow Enerxía e Cambio Climático  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Enerxía e Cambio Climático



As emisións de gases de invernadoiro volveron baixar en 2009 e achéganse ás de 1990 PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 11 de October do 2011

Segundo os datos oficiais do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en Galicia diminuíron o 7% en 2009 a respecto de 2008. Este descenso, sumado ao do ano anterior, situou as emisións de gases causantes do cambio climático en níveis similares aos de 1990. A caída das emisións desde 2007 explícase, en parte pola crise económica, en parte pola redución do uso do carbón na produción eléctrica. Este e outros datos recóllense no informe de Verdegaia  "As emisións de GEI en Galicia (1990-2009)".

 

Ler máis...
 
Pide unha Lei estatal contra o Cambio Climático! PDF Imprimir Correo-e
Saturday, 08 de October do 2011

coal-barcalast.jpgA Coalición Clima demanda que todos os partidos políticos inclúan como prioridade nos seus programas para as vindeiras eleccións xerais a aprobación dunha Lei de Cambio Climático. A falta de compromiso político e a presión de poderosos sectores económicos están a atrasar a resposta a unha urxente ameaza no século XXI. Cómpre un impulso lexislativo que dea un sinal claro sobre o camiño a seguir. A primeira obriga de calquera goberno é protexer a seguridade e o benestar da súa cidadanía, incluídas as xeracións futuras. Esíxeo agora! .

 
As probas de resistencia nas nucleares españolas non foron nada esixentes PDF Imprimir Correo-e
Monday, 26 de September do 2011

cn_espaola.jpgPara Ecoloxistas en Acción, a avaliación preliminar do CSN dos resultados das probas de resistencia das centrais nucleares españolas non bota sorpresas e peca unha vez máis de falta de esixencia, como xa o fixeron as probas en si mesmas. Entre estas non se contemplan accións humanas externas como iniciadoras do accidente e ignórase a acción de varios sucesos simultáneos. No informe o CSN reclama a instalación dalgúns sistemas novos para evitar o venteo de substancias radiactivas.

Ler máis...
 
Verdegaia rexeita o novo proxecto hidroeléctrico de Iberdrola no Canón do Sil PDF Imprimir Correo-e
Monday, 26 de September do 2011

canon_sil_web.jpgVerdegaia vén de presentar alegacións contrarias ao proxecto de explotación hidroeléctrica de Santa Cristina promovido por Iberdrola, pois entende que causaríalle danos ambientais inasumibles a un dos espazos naturais de maior interese da Península Ibérica. Con este proxecto, Iberdrola pretende tirar maior proveito da súa xa abusiva explotación do Sil, contribuíndo ao tempo a tentar compatibilizar dúas fontes de produción cada vez máis en conflito e nas que ten fortes intereses: a eólica, non almacenable, e a nuclear, inflexible (as nucleares non se poden apagar e acender como as centrais de ciclo combinado).   A Xunta debe oporse a este proxecto e a Confederación Miño-Sil denegalo.

 

Ler máis...
 
Galicia xa non precisa do carbón para se autoabastecer de electricidade PDF Imprimir Correo-e
Friday, 22 de July do 2011

carbon_porto_ferrol.jpgPor primeiro ano, durante 2010 a electricidade producida nas centrais térmicas de carbón das Pontes (ENDESA) e de Meirama (Gas Natural Fenosa) foi inferior á exportada desde Galicia a Portugal e ao resto do Estado español. Galicia podería prescindir hoxe da produción eléctrica sucia e ineficiente do carbón e reducir así drasticamente a súa pegada ecolóxica , debida sobre todo ás emisións excesivas de dióxido de carbono (CO2), o principal gas causante do cambio climático (1). As centrais de carbón de Meirama e As Pontes emitiron en 2010 máis CO2 que o resto das industrias galegas que participan no comercio europeo de emisións.

Ler máis...
 
A poboación próxima a Fukushima recibirá altas doses radiactivas PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 12 de July do 2011

nuclear_non_grazas_xapones.jpgCando se cumpren catro meses do accidente nuclear de Fukushima e cos reactores aínda fóra de control, comezan a calcularse as doses radiactivas que recibirá a poboación. Os resultados mostran que a evacuación se realizou de forma inapropiada e que miles de persoas van recibir altas doses radiactivas.

Ler máis...
 
A iniciativa ITT-Yasuní PDF Imprimir Correo-e
Saturday, 09 de July do 2011

capa_informe_itt_yasun.jpgEcoloxistas en Acción presentou un informe sobre a iniciativa ecuatoriana ITT-Yasuní de deixar un importante pozo petroleiro sen explotar a cambio do pagamento, en forma de devolución de débeda ecolóxica, da metade dos ingresos que xeraría a súa extracción. Os fondos recibidos servirían para a transición cara a unha sociedade non baseada nos combustibles fósiles. A publicación do informe coincide co anuncio de Alemaña de que non vai achegar fondos á devandita iniciativa e a paupérrima achega do Goberno español de só un millón de euros. 



Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 11 de 134
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top