Verdegaia vén de presentar alegación ó Estudo de Impacto Ambiental da concentración parcelaria de Guillamil-Sabariz e Parada de Outeiro, no concello de Rairiz de Veiga, precisamente por non ser un Estudo de Impacto Ambiental.
A empresa NORFOR, do Grupo ENCE,
perdeu definitivamente no 7 de xaneiro pasado a certificación FSCpara algo máis de 11.000 hectáreas de montes que xestiona
no norte de España, maioritariamente ocupadas por eucaliptais e situadasen Galicia. Verdegaia felicítase por esta
decisión, mais lamenta que teña chegado tan tarde, xusto no comezo do ano no que ía caducar
o certificado.Esta decisión é froito
do traballo de seguemento e presión desenvolvido por diversas organizacións
ecoloxistas nos últimos anos, entre elas Verdegaia.
Verdegaia ven de asinar a "Carta aberta aos membros do FSC" promovida por organizacións de territorios onde plantacións certificadas polo FSC teñen un impacto negativo. Verdegaia deixou de apoiar no seu día o sistema de certificación forestal sustentableFSC (Forest Stewardship Council)ao
constatar que non garante en todos os casos unha xestión dos montes
certificados autenticamente sustentable. Aínda que o FSC é o único selo de certificación madereira con garantías na actualidade tamén é verdade que o
sistema funciona de forma deficiente, o que fai posible en ocasións que
montes cunha xestión non sustentable sexan certificados, como aconteceu
cos de NORFOR (Grupo ENCE) en Galicia, hoxe suspendidas temporalmente e en proceso de revisión .
Con motivo da celebración, o 21 de Setembro, do Día Mundial contra os Monocultivos de Árbores, a Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que forma parte Verdegaia, promove unha ciberacción que critica o apoio que a Xunta continúa a dar á expansión do eucalipto e solicita unha nova política forestal galega baseada na conservación da biodiversidade, na protección dos solos e na valorización dos montes.
O deseño das plantacións e a falta de
integración dos aspectos de conservación de hábitats e especies son algunhas
das razóns da suspensión. O movemento
ecoloxista español recibiu con satisfacción a suspensión do certificado
forestal FSC ás plantacións das empresas Norfor e Silvasur, ambas as dúas
do Grupo ENCE. A suspensión do certificado foi debida á falta de
cumprimento dos estándares españois do FSC. A noticia foi moi ben acollida nun comunicado conxunto por Verdegaia, Coordinadora Ecoloxista de Asturies, ARCA, Ecologistas en Acción, Greenpeace e WWF/Adena.