|
Manifestación, sábado 21 de outubro
ás 19 horas dende o Parque San Lázaro en Ourense. Convoca: Plataforma Cidadá en Defensa do
Monte Galego
Serra do Xurés, Serra de
Queixa, Montes do Invernadeiro, Manzaneda, Ribeira Sacra, O Faro de Avión,
Serra Martiñá, Serra de Pena Monteagudo, O Castro Leboreiro, Serra de Meda,
Aguioncha-Pena Loba, Serra da Enciña e a Lastra, Pena Corneira, Penedos da Raiña
Loba, O Couto Mixto, Val de Salas, Veigas de Castelaus e Vila, Montes da
Peroxa, A Limia, Monte Grande, Pena Maseira, A Serra Seca, San Mamede, Couto
Novelle, A Rousia-Serra do Larouco…innumerables o lugares afectados polos
incendios, Espacios naturais protexidos, Parques naturais, Lugares de Interese
Natural Comunitario (LICs), Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPAS),
Reservas da Biosfera, ecosistemas forestais de gran valor económico e
medioambiental, zonas agrogandeiras, moitos dos incendios forestais calcinaron
estas zonas de forma descontrolada por falla de medios e de reacción ao seu
debido tempo.
|