|
|
Wednesday, 08 de April do 2009 |
|
Por unha alimentación e unha agricultura libres de transxénicos!
Sairán buses de Galiza
Os transxénicos son un experimento a grande escala cunha tecnoloxía chea de efectos imprevistos e non desexados. Ameazan a nosa saúde, teñen efectos ambientais negativos, producen contaminación xenética, agravan os problemas de aceso á alimentación… entre outros perigos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Wednesday, 08 de April do 2009 |
|
Verdegaia presentou unha solicitude de paralización dun circuito para quads na parroquia da Saínza, pola súa proximidade ás Veigas de Ponteliñares e da ZEPA da Limia.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 02 de February do 2009 |
|
Co gallo da
celebración do Día internacional das zonas húmidas, Verdegaia quere deunuciar a
vulnerabilidade que padecen as zonas húmidas galegas que, pese a ser
ecosistemas dunha elevada riqueza natural e cultural, vense afectadas
de xeito periódico por unha chea de agresións de diferente índole
e intensidade. A riqueza en zonas
húmidas que posúe o territorio galego é enorme ó albergar tan só
na costa arredor de 150, a parte doutras moitas que aparecen
amplamente espalladas polas comarcas da Galicia interior. Entre os
valores que podemos atopar neste tipo de ecosistemas salientan unha
moi valiosa e variada biodiversidade, moitas veces única e
específica, amais de teren un papel crucial na cultura galega, tanto
nas tradicións populares vencelladas a elas como nos numerosos
vestixios etnográficos e patrimoniais que se poden atopar nestas
zonas.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Tuesday, 27 de January do 2009 |
|
O
Ministerio
de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino vén
de facer públicas 11
solicitudes de campos experimentais de millo transxénico das
empresas Monsanto,
Pioneer e
Procase
nun total de 67 concellos do Estado español, entre os que figuran
Arzúa,
Santa Uxía de Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada. Segundo
este documento, a
Galiza albergará outra vez ensaios de organismos modificados
xeneticamente,
de entre os que cómpre salientar a
variedade híbrida de millo transxénico NK603xMON810,
para a que novamente se solicita autorización, malia ser centro da
polémica dende a publicación dos resultados do estudo Biological
effects of
transgenic maize NK603xMON810 fed in long term reproduction studies
in mice (Novembro
2008),
que conclúe que os
ratos alimentados co NK603xMON810 tiveron menos descendencia na
terceira e cuarta xeración, mostrando diferenzas estatísticamente
significativas.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Friday, 16 de January do 2009 |
|
O venres 16 Verdegaia presentou alegacións á ampliación dunha granxa de porcos en Ganade (Xinzo de Limia, Ourense). Esta granxa continúa unha gandería intensiva cun evidente maltrato animal.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 56 - 66 de 118 |