|
|
Xoves, 14 de Setembro do 2006 |
|
Todos e todas ficamos arrepiadas ollando as imaxes emitidas repetidamente nas distintas cadeas de TV sobre a salvaxe malleira que un veciño de Aguiño (Ribeira) deu no ano 2004 ao seu can e polo que foi multado con 6000 €. Esta nova mostra da faciana máis rexeitábel do animal humano e o conseguinte escándalo e repulsa da sociedade permiten abrir algunhas liñas de reflexión sobre este feito en particular e sobre as derivacións que del podemos extraer.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 12 de Setembro do 2006 |
|
Apoia a manifestación convocada para este xoves día 14 ás 12, diante dos edificios administrativos da Xunta en San Caetano, baixo o lema “Non ao Viaduto na Nosa Ría. Non á Variante de Outes”. |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 07 de Agosto do 2006 |
|
O río Xallas é o único río que desemboca cunha fervenza no mar de todo o litoral europeo, a de Ézaro, ademais de contar coa presenza do segundo bosque atlántico máis grande da provincia da Coruña e tamén o máis occidental de Europa, a Devesa de Anllares, nas inmediacións do Pindo. Estas cualidades deberían abondar para consideralo un patrimonio de altísimo valor natural e, xa que logo, dotalo de todas as medidas de recuperación e protección precisas para conservar as súas singulares características. Lamentabelmente a situación é a contraria. |
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 30 de Xuño do 2006 |
|
O Lugar de Interese Comunitario (LIC) “Complexo Húmido de Corrubedo”, incluído na Rede Natura, abrangue dende o Castro de Baroña (Porto do Son) ate a Illa de Sálvora (Ribeira). Dentro deste LIC está un dos seis Parques Naturais galegos, o Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carrexal e Vixán. En total son perto de 10.000 ha., agás 480 ha dende Punta Corgo ate Punta do Cantón, situadas prácticamente no centro do LIC.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 12 de Xuño do 2006 |
A herba de agulla (Erodium maritimun) está catalogada "En Perigo Crítico de Extinción" pero, nun exercicio de irresponsabilidade, foi substituída por baldosas para unha terraza de acceso ao faro das Illas Cíes, en pleno Parque Nacional das Illas Atlánticas, segundo informou a Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que forma parte Verdegaia.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 45 - 52 de 52 |