|
|
Venres, 06 de Xullo do 2007 |
|
Entre os días 6 e 15 de Xullo celébrase no Grande Hotel da Toxa (grupo Hesperia), como desde hai décadas, o “Campeonato de España de tiro al vuelo” tamén coñecido como “tiro ao pombiño”. Verdegaia rexeita a celebración desta competición cruel e contaminante, demanda a súa prohibición e apoia a campaña promovida neste sentido polo Colectivo Ecoloxista do Salnés. |
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 29 de Xuño do 2007 |
A Federación Ecoloxista Galega (FEG) considera escandaloso que se xustifique a legalización da canteira da Campa, na serra do Courel, por non estar dentro da Rede Natura 2000. A maior parte da área do Courel excluída da Rede Natura 2000 en 2004 reúne os mesmos valores que o resto do espazo natural, e a súa exclusión responde a prácticas fraudulentas de concesións realizadas polo anterior goberno, das que o bipartito parece que quere ser cúmplice. |
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 28 de Xuño do 2007 |
|
A Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que fai parte Verdegaia, amosou a súa grande decepción pola recente decisión do Consello da Xunta de legalizar a explotación mineira de lousa da Campa, en Folgoso do Courel, até agora en situación irregular. A oposición social a esta impactante canteira finalmente non tivo eco no Goberno bipartito, moi particularmente no tándem configurado polas Consellerías de Industria e de Medio Ambiente. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 03 de Abril do 2007 |
|
Verdegaia fixo entrega por escrito na Dirección Xeral de Recursos Mariños das razóns polas que se opón a este proxecto, dentro do prazo de alegacións ao Proxecto Sectorial. A razón fundamental son as afeccións que suporía ao LIC Carnota-Monte Pindo, incluído na rede Natura 2000 e declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais polo decreto 72/2.004, onde existen hábitats naturais prioritarios, vulnerando así o establecido na Directiva 92/43/CEE e no Real Decreto 1997/1995, de 7 de Decembro de Conservaición dos espazos naturais e da flora e fauna silvestres. |
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 29 de Marzo do 2007 |
Verdegaia vén de formular alegacións ao proxecto do establecemento e documentación complementaria para a tramitación da concesión de actividade, ao proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e ao estudo de impacto ambiental para a posta en funcionamento e explotación da granxa mariña de engorda de peixes planos na Costa Galloufa – Porto do Son (A Coruña). |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 34 - 44 de 52 |