|
|
Friday, 08 de July do 2011 |
|
A raíz da recente concesión de batidas ao lobo na Serra do Barbanza, e que outra batida está concedida o vindeiro sábado día 9 de xullo nas proximidades do monte Enxa, en Porto do Son, as asociacións asinantes enviaron un escrito ao Servizo de Conservación da Natureza da Coruña denunciando estas prácticas e esixindo a súa paralización.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Thursday, 07 de July do 2011 |
|
A situación actual do río Eume está marcada, entre outras cousas, pola desecación dun tramo de 3,4 km e pola ameaza de mobilizar cara ás súas augas os residuos perigosos acumulados durante décadas no encoro de A Capela, segundo propón ENDESA. Isto non responde a un patrón natural, senón á neglixencia da concesionaria ENDESA, que non realizou os obrigatorios baleirados do encoro, nin un tratamento axeitado dos sedimentos xerados pola central térmica de carbón no período 1974-1990. Non podemos esquecer que as actuacións de ENDESA veñen da man dunha Administración Pública, estatal ou autonómica, que lle deu vía libre a dita transnacional para que marcase as súas propias regras de xogo, coincidentes ou non coa lexislación ambiental.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Wednesday, 29 de June do 2011 |
|
O movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro”, do que forma parte Verdegaia, segue realizando actividades, desta volta colaborando con Biodiversidad Virtual e o biólogo Xosé López Goldar na realización dun Testing Fotográfico de Biodiversidade que terá lugar o vindeiro día 3-7-11 pola parte máis septentrional da Serra do Galiñeiro e que comezará a partires das 14 h no merendeiro de Vincios. Para participar na actividade é imprescindible a inscripción previa escribindo un correo a
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
|
Ler máis...
|
|
|
Tuesday, 31 de May do 2011 |
Este vindeiro 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, a Coordenadora
en defensa da ría de Muros e Noia contra o cultivo intensivo de salmón
nas súas augas, integrada por máis de 40 colectivos entre confrarías,
organización de produtores/as, ecoloxistas, sindicatos, etc. convocamos
unha manifestación en Muros baixo o lema "COAS NOSAS RÍAS NON SE XOGA". O
percurso reivindicativo partirá ás 12h dende do porto de Muros e
rematará tras a lectura do manifesto cunha xornada de convivio e lecer. Facemos
un chamado a todas as organizacións sociais sensibilizadas coa
problemática do mar e do litoral para acudir a Muros este vindeiro
domingo e reivindicar conxuntamente un futuro sustentábel para as nosas
rías.
|
|
|
Thursday, 19 de May do 2011 |
Verdegaia ven de formalizar a súa adhesión á plataforma Ocean2012. OCEAN2012 é unha alianza de organizacións cuxo obxectivo é transformar a
política europea de pesca para deter a sobrepesca, acabar coas
prácticas pesqueiras destrutivas e garantir un uso xusto e equitativo
dos recursos pesqueiros.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 12 - 22 de 118 |