|
|
Venres, 12 de Setembro do 2008 |
|
O pasado fin de semana as asociacións Verdegaia, S.O.S. Courel e Insectarium Virtual organizaron un testing de biodiversidade na Serra do Courel con bos resultados á hora de valorar a biodiversidade existente no Courel e de participación xa que se tiraron centos de fotografías dixitais da abundante e valiosa fauna e flora do Courel. Na actividade participaron arredor de cincuenta persoas.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 19 de Agosto do 2008 |
|
Verdegaia vén de solicitar, mediante a presentación dun escrito á Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Redondela, que se tomen as medidas pertinentes para garantir a adecuada conservación dos valores naturais que alberga o redondelano río Fondón, curso fluvial que alberga unha enorme e valiosa biodiversidade ó mesmo tempo que sofre múltiples e diferentes impactos debidos á presión antrópica.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Domingo, 17 de Agosto do 2008 |
|
Verdegaia, o colectivo S.O.S. Courel e Insectarium Virtual organizan o 6 de setembro unha Xornada Fotográfica Testing no Courel.
Unha xornada de testing consiste en agrupar a un grande número de persoas para que nunha zona establecida tomen o maior número de fotos dixitais. Durante todo o traxecto vanse facendo fotos da flora e a fauna invertebrada (conforman o 80% da biodiversidade). Posteriormente, un grupo formado por máis de 100 expertos categoriza a información, clasifícaa e catalógaa. Mediante esta acción os colectivos organizadores queren reivindicar a protección efectiva
dunha das zonas con maior biodiversidade de Europa, gravemente ameazada polo desleixo da administración e a voracidade das empresas mineiras.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 04 de Xullo do 2008 |
|
Verdegaia denuncia o selado de antigas explotacións mineiras abandoadas por parte da Consellería de Innovación e Industria sen a realización de ningún tipo de Estudo de Avaliación de Impacto Ambiental xa que estas minas constitúen o hábitat de diversas especies de morcegos, algunhas delas incluídas dentro do Anexo II da Directiva 92/43/CEE, Directiva Hábitats. Estas actuacións destrúen o lugar onde habitan estes seres vivos e poden chegar a selarse con quirópteros dentro.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 01 de Xullo do 2008 |
|
Verdegaia denuncia que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente autorizou neste ano a pesca do sábalo (Alosa alosa) a pesar de estar incluído no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (CGEA) como especie vulnerable. Desta forma, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza non respectou o Catálogo que ela mesma aprobou, o que constitúe certamente un feito moi grave. Verdegaia defende que a conservación das especies e poboacións de peixes fluviais ameazadas non se supedite aos intereses da pesca fluvial. Esta é unha das propostas que presentou para o Plano de Ordenamento dos Recursos Piscícolas das augas continentais que está a elaborar a Consellaría de Medio Ambiente.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 11 de 52 |