O Xulgado de Instrucción nº3 de Vigo vén de admitir a trámite a denuncia apresentada por Verdegaia no mes de outubro de 2009 contra a Dirección do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, por un delito contra os recursos naturais e o medio ambiente e por un delito relativo á protección da fauna e da flora, polas obras de construcción da pasarela de Punta Muxieiro, no arquipélago de Cíes e dentro do Parque Nacional.
Este xoves, 28 de xaneiro, ás 20:30 h., terá lugar unha charla sobre os organismos xeneticamente modificados. Participarán Charo Sánchez, do Sindicato Labrego Galego, e María Xosé Ogando, activista de Verdegaia e da Plataforma Galega Antitransxénicos.
Desde hai tempo vimos
asistindo a una avalancha de queixas dos
tecores lucenses que lle imputan ao lobo un
hipotético descenso dos corzos debido a un suposto aumento da
especie na provincia, sen achegar datos da
variación de ambas poboacións. En
primeiro lugar, debemos sinalar que ante a presenza
dun depredador como o lobo, as presas
modifican a súa conduta: adoptan unha
maior actividade
crepuscular e nocturna, seleccionan áreas de maior
cobertura e pasan máis tempo vixiando.
Por todo isto,diminúe notablemente
a súa detectabilidade
e faise máis
dificil a súa observación. Ante o
descoñecemento destes feitos, era
esperable que o máis sinxelo (e
absurdo) fora denunciar unha
diminución falsa da poboación de
corzos.
Decenas
de casos de envelenamento nos nosos montes ocupan cada ano as páxinas
da prensa na comunidade galega e créanlle malestar aos lectores,
pero desgraciadamente non se adoita chegar ao trasfondo da cuestión.
Debemos realizarnos dúas preguntas claves: ¿Con
que produtos se envelena a fauna? ¿Onde se pode obter ditos
produtos?
A asociación para a conservación
e estudo do lobo ibérico ASCEL e Verdegaia presentaron alegacións a ao parque
eólico no alto do Rodicio promovida por Iberdrola e declarado
incomprensiblemente viable pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. O proxecto emprazaríase nunha
zona frecuentada por Águia real, unha especie catalogada en perigo de extinción na comunidade galega, razón suficiente pola que debería
desbotarse o devandito proxecto. Estudos demostraron como parques eólicos
poderían inducir até o 42% da mortandade anual desta rapaz ameazada.