Inicio arrow Mobilidade e Transporte  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Mobilidade e Transporte

Nos últimos 20 anos estamos a asistir a unha explosión da demanda de transporte desmesurada que esta a convertelo nunha da principais causas da crise ecolóxica global actual e nun dos problemas fundamentais da nosa sociedade. As consecuencias están á vista: efecto invernadoiro, contaminación acústica, atmosférica e do chan, depauperización da calidade de vida nas cidades, incremento da accidentalidade.....

Alén das estritamente ambientais, o impacto da actual configuración do transporte e a mobilidade, intimamente ligado ao sistema económico imperante ate converterse de feito nun valor en si mesmo, ten fondas implicacións sanitarias e sociais que xeran inxustizas e exclusións.

A valoración económica do custo do transporte evita a cuantificación deste tipo de danos polo que o seu  balanzo económico fica distorsionado. Os enormes custos externos resultantes supoñen unha carga directa sobre o conxunto da sociedade, independentemente da frecuencia e medio empregado.

Cómpre dar un xiro radical na forma de entender o transporte, aplicando criterios ecolóxicos e de sustentabilidade na súa xestión e apostando decididamente por políticas públicas de creación de cercanía que facliten o emprego dos modos de transporte máis ecolóxicos, camiñar e a bicicleta, e pola xestión da mobilidade a través de redes de transporte público colectivo, medidas aplicadas conxuntamente con outras que desincentiven drásticamente o emprego do automóbil privado.



<< Inicio < Ant. 1 2 3 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 4 de 10
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Boletín-e
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top