|
Sábado, 07 de Novembro do 2009 |
|
Massó, Bouzas, Areal, Teis, Chapela... os recheos matan a ría. Galiza é un dos povos que dentro do Estado Español acumula máis
agresións no seu litoral. Un novo termo chegou e acabou instalándose
entre nós, o concepto de marbellización , que ameaza con desintegrar os
nosos valores e riquezas naturais. Os proxectos de construción
previstos no litoral galego ameazan con cubrir de tixolos e cemento a
maior parte da costa galega, sen ter en conta o seu impacto
medioambiental nen os efeitos que terá sobre sectores como a pesca e o
marisqueo, que supoñen 20.000 empregos directos e son responsábeis do
10% do producto interior bruto galego.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 04 de Novembro do 2009 |
|
Verdegaia, Amarante, Caleidoskopio, CS A Formiga, CXT, GAS e a Oficina de Dereitos Sociais Coia organizan as Xornadas contra a Banca en Vigo que se desenvolverán durante os sábados do mes de novembro. Este sábado 7 ás 11:30 h desenvolverase un acto contra a banca no cruce de Colón coa rúa Príncipe, no que se ubicará unha mesa e paneis informativos, distribuirase información á cidadanía e realizarase unha "performance". As Xornadas complétanse con charlas e mesas redondas a celebrar nos restantes sábados deste mes.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 04 de Novembro do 2009 |
|
Organizado polo plataforma A Ría Non se Vende, da que fai parte Verdegaia, o sábado 7 de novembro as 19:00 celébrase unha mesa redonda no antigo reitorado da rúa Areal en Vigo
sobre a problemática da ría de Vigo.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 25 de Setembro do 2009 |
|
Seguimos. Un mes máis, as asociacións e colectivos que formamos parte de Vigotroca invitámosvos a participar no mercadiño mensual de troco e cesión que celebramos cada último sábado de mes na rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, en Vigo. O 26 de setembro tes unha nova cita co sentido común, a ecoloxía e o aforro. Parácheste a pensar en cantas cousas tes en casa que non utilizas? Fai limpeza, escolle aquilo que está en bo estado e vén ao mercadiño. Seguro que o que ti xa non usas, outra persoa necesítao. E ao revés: para que comprar o que podes atopar de balde? Libros, discos, roupa, electrodomésticos, informática...
|
|
Ler máis...
|
|
|
Sábado, 19 de Setembro do 2009 |
 Por
terceiro ano consecutivo, Verdegaia vén de organizar onte, xoves 17
de setembro , a
III Comparativa de Medios de Transporte na cidade de Vigo. Esta
comparativa pretende reflexar cal é o medio de transporte máis
rápido, cómodo, económico e sustentable para
moverse pola cidade, simulando 3 xestións que facer en Vigo un
día calquera.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 10 - 18 de 131 |