|
Thursday, 11 de February do 2010 |
Roteiro polas Gándaras de Budiño
rememorando o Día Internacional das Zonas Húmidas. O pasado sábado 6 de febreiro o
núcleo comarcal de Verdegaia en Vigo organizou un roteiro polas Gándaras
de Budiño-Ribeiras do Louro para celebrar o Día Internacional das
Zonas Húmidas. O obxectivo de facer esta actividade por este espazo
natural foi, unha vez máis, lembrar e concienciar ós/ás participantes
do lamentable estado actual de esta zona húmida que pertence a Rede
Natura 2000.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Thursday, 28 de January do 2010 |
Galiza
Non Se Vende sae de novo á rua coa II Caravana de concertos e
actividades por cidades e vilas galegas. O primeiro concerto, o de
presentación da Caravana, será en Vigo, o Sábado 30 de Xaneiro ás 22:30
na Sala Farándula (Prza. de Portugal).
|
|
Ler máis...
|
|
|
Thursday, 07 de January do 2010 |
|
Verdegaia e VAL-Amigos do Medio Ambiente veñen de apresentar perto de medio milleiro de sinaturas na Confederación Hidrográfica Miño-Sil esixindo a protección do LIC as Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro mediante o estrito cumprimento da lexislación vixente, a inmediata posta en funcionamento da EDAR de Guillarei (Tui), a recuperación da superficie incluída na Rede Natura ate un mínimo de 872 hectares, a licitación do Proxecto de restauración, conservación e uso público deste espazo natural aprobado en 2007 polo Ministerio de Medio Ambiente e o equipamento e apertura do Centro de Interpretación da Natureza de Orbenlle.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Friday, 01 de January do 2010 |
|
O pasado sábado 26 de decembro, un mes máis, as asociacións que formamos Vigotroca acudimos á nosa cita con todos os troqueiros de Vigo no barrio do Calvario. Levabamos dous meses con certas dificultades provocadas polo mal tempo: en outubro tivemos que celebrar o mercadiño no Centro Social A Cultural por causa da choiva e en novembro, aínda que as previsións eran malas, arriscámonos... e tivemos que saír correndo cando as nubes (evidentemente aliadas coa máis dura economía de mercado, todo hai que dicilo), deixaron caer ata a última pinga da súa filosofía consumista sobre as nosas cabezas.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 21 de December do 2009 |
 As árbores do viveiro de Verdegaia en Vigo comezan a se espallar pola
nosa xeografía. Así, o pasado sábado 12 de decembro, 35 pequenas árbores
autóctonas foron plantadas na Xunqueira do Lagares, nun plantío
organizado pola asociación Fontaíña en colaboración con Verdegaia. A
este plantío acudiron 8 rapaciñ@s e 7 voluntari@s, que ocuparon a mañá
nesta interesante actividade.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 46 - 54 de 175 |