|
Friday, 04 de June do 2010 |
 Amarante e Vedegaia colaboran o vindeiro luns 7 de Xuño, co Cineclube Lumiere de Vigo, proxectando a película Checkpoint Rock de Fermín Muguruza e Javier Corcuera. A proxección terá lugar na Sala de Conferecias do Centro Cultural Caixanova ás 20:30hs.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Thursday, 27 de May do 2010 |
 Desde a Ría Non Se Vende (rede da que forma parte Verdegaia) convidamos a un roteiro pola zona húmida da Xunqueira do Lagares, paraxe natural valiosa que leva anos degradándose debido á instalación da depuradora na súa contorna. Hoxe en día está proxectado para o mesmo sitio unha macrodepuradora que lonxe de arranxar os problemas de contaminación da ría de Vigo o que vai facer é amplificalos. A nova macro-EDAR completaría a destrución irreversible da Xunqueira e dos seus valores naturais, ocuparía territorio e propiedades de xeito innecesario e inútil, e seguiría afectando á saúde e á calidade de vida dos veciños.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Thursday, 20 de May do 2010 |
|
Perante as ultimas novas publicadas sobre a
disposición do Concello de Vigo para crear un Punto Limpo na cidade por
medio dun acordo cunha empresa concesionaria, dende Verdegaia queremos
manifestar que dende hai mes es temos remitido diversos escritos ao Concello de Vigo
, denunciando a ausencia dunha infraestrutura deste tipo e solicitando
información sobre as perspectivas futuras neste eido, propoñendo
asimesmo a posíbel utilización de fondos do Plan E II para este fin.
Ningún escrito recibiu resposta algunha, malia ser esta preceptiva.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Thursday, 20 de May do 2010 |
|
Os pasados 30 de abril e 13 de maio realizáronse en Vigo unhas xornadas sobre a situación actual do saneamento na ría de Vigo. Eladio Torres, da Plataformaraceres falou das loitas veciñais, Paco Díaz, da Asociación Salvemos Pontevedra, afondou na situación ilegal das depuradoras do Lagares (Vigo) e de Pontevedra, dando tamén unha visión sobre as ilegalidades levadas a cabo pola administración tanto na ría de Vigo como na ría de Pontevedra e a indefensión dos cidadáns ante o poder económico e o poder político. Participaron tamén Pelayo Míguez e Luis Alfonso Rodríguez, que falaron da contaminación microbiolóxica e química nas augas da ría e como estas inflúen tanto na saúde humana como nos sectores produtivos primarios. E como presentador , o coordinador da Comisión de afectados pola depuradora do Lagares.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 10 de May do 2010 |
|
O xoves día 13 ás 20:00h no antigo Reitorado de Vigo falaremos da problemática do saneamento, das infraestructuras portuarias, da problemática da contaminación e de como todo isto afecta á Ría de Vigo, un dos ecosistemas mariños máis ricos do mundo.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 37 - 45 de 175 |