|
Tuesday, 26 de February do 2008 |
|
Verdegaia quere denunciar que, lonxe de finalizar, están a aumentar as agresións ambientais no LIC das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 25 de February do 2008 |
 A rede de colectivos A Ría Non Se Vende organizou este pasado sábado 23 de febreiro unha deliciosa cea como medio para recadar fondos para a asociación S.O.S. Courel. Nela participaron 83 persoas e houbo unha recadación neta duns 600 euros para dita asociación; todo un éxito.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Friday, 15 de February do 2008 |
|
A Rede de colectivos A Ría Non Se Vende da que forma parte como asociación cofundadora Verdegaia-Vigo vai organizar o vindeiro sábado día 23 de febreiro unha cea solidaria con SOS Courel no Centro Social Faísca (rúa Toledo, nº9, Vigo) a partires das nove da noite. Ese mesmo día e antes de comezar a cear apresentarase o documental “Unha lousa sobre O Courel” realizado por Mabel Rivera e Enrique Banet, e a productora Namche Films.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Thursday, 07 de February do 2008 |
|
Verdegaia organiza un roteiro pola Foz do río Miñor e a “Devesa da Costa” (concellos de Nigrán e Baiona) o vindeiro domingo 10 de febreiro. Sairemos en bus de liña da estación de autobuses de Vigo ás 9:45 h. e chegaremos á Foz do río Miñor arredor das 10:40 h. para comezar a camiñar por este espazo natural dende o seu extremo Norte, no Monte Lourido. A volta está prevista á estación de autobuses de Vigo a media tarde.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Thursday, 07 de February do 2008 |
|
Verdegaia-Vigo organizará a súa segunda proxección do documentario “O salario do silencio” o vindeiro venres día 8 ás 20:30 h. na Asociación Cultural Caleidoskopio (rúa Romil, nº3-baixo). Ao rematar o filme realizarase un coloquio onde intervirán os autores do mesmo, Mabel Rivera e Enrique Banet.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 118 - 126 de 175 |