|
Thursday, 10 de November do 2011 |
|
Tras apresentar alegacións ó Proxecto de actuacións de restauración, conservación e uso público das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro, que a Consellaría do Medio Rural vai realizar neste espazo natural, Verdegaia foi convocada a unha reuníón no Servizo de conservación da natureza na delegación da Consellaría en Pontevedra.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Friday, 04 de November do 2011 |
Será o próximo domingo, 6 de novembro, ás 11.30 horas (agardaremos ata a chegada do barco dende Vigo +/- ás 11:45)
Trátase dun acto para reivindicar un mellor uso dos nosos camiños tradicionais, en este caso, como vía de comunicación e senda de lecer entre os concellos de Cangas e Moaña.
O percorrido atravesa un auténtico parque insertado no territorio. Un parque cheo de paisaxe ao interno do cal, discurre esta fermosa vía tradicional coñecida como "Camiño Real".
Moitas veces, utilizar as infraestructuras que xa temos axeitadamente, evita novas e dispendiosas obras. Este é o caso deste camiño que discurre por Tirán, unha xoia que perviviu ata hoxe como parte da nosa paisaxe cultural e que diferentes proxectos pretenden desvirtuar. A intención é darlle vida.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 24 de October do 2011 |
|
Súmase así á
iniciativa da PDRA de enviarlle unha carta ao presidente da Xunta de
Galicia lembrándolle a responsabilidade que ten coa defensa do interese xeral
de Galicia e do seu patrimonio natural. No ano 1999, cando Manuel Fraga Iribarne era presidente da
Xunta de Galicia, a Consellería de Industria outorgou a licenza de actividade
para a execución de “depósitos de hidrocarburos e productos químicos de Finsa e
Foresa no peirao de Ferrazo”. O Concello de Vilagarcía deu a licenza municipal
para a instalación destes depósitos.e a Consellería de Medio Ambiente mirou
naquel momento para outro lado a pesar de que carecía dun Estudo de Impacto
Ambiental, paso previo e obrigado á execución de calquera proxecto destas
características.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Wednesday, 12 de October do 2011 |
O domingo 16 realizarase o
primeiro roteiro, desta volta polo río Fondón
Galiza dispón dunha riqueza natural, cultural e
paisaxística só comparábel ás barbaridades que tristemente tamén podemos atopar
con certa facilidade... encoros, autoestradas, explotacións mineiras, etc. Co dobre obxectivo de coñecer o noso territorio e denunciar moitas das desfeitas
que están a degradalo, Verdegaia pon en marcha unha nova edición, a cuarta, do seu
programa “Vai de roteiros!”.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Tuesday, 04 de October do 2011 |
|
Este sábado 8 de outubro, a partires
das 10:30h, terá lugar en Redondela o III encontro da rede de sementes, á que
Verdegaia quere convidar a toda persoa interesada a participar, non só no propio
troco, senón ver e coñecer outros proxectos ligados á conservación
das variedades antigas e locais cultivadas na Galiza, sumado os
postos de diferentes colectivos e as produtoras e artesáns que
cultivan dun modo máis respectuoso coa terra. Tamén haberá obradoiros e actividades
para nenos e nenas durante toda a xornada.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 9 de 175 |