|
Novas de Verdegaia-Vigo
|
|
Xoves, 15 de Maio do 2008 |
|
A Rede A Ría Non Se Vende, composta por 14 colectivos entre os que está Verdegaia, vén de reunirse por terceira vez co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Xesús Paz, esta vez para recibir explicacións sobre as propostas realizadas por dúas consultoras externas ao porto sobre zonificación de usos e posibles ampliacións do porto. Nunha xuntanza anterior, a Rede xa presentara as súas suxestións, destinadas á redacción do tan agardado Plan de Usos, e un informe detallando 14 puntos negros medioambientais da ría, tanto na xurisdición da APV como noutras xurisdicións.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Vigo
|
|
Xoves, 08 de Maio do 2008 |
|
Verdegaia e VAL (Voluntariado Ambiental da Louriña) organizan o vindeiro domingo 11 de maio un roteiro de inspección dos colectores que verquen ilegalmente ó río Louro no Porriño. O obxectivo da actividade é realizar un mapa dos colectores polos que se realizan verquidos ilegais a este curso fluvial para posteriormente denunciar estes feitos antes as autoridades pertinentes. Ademais, aproveitaremos a realización deste roteiro para reclamar, unha vez máis, que a EDAR de Tui comece a funcionar para solucionar o grave problema de calidade da auga que padece o Louro, un dos ríos máis contaminados de Galicia.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Vigo
|
|
Venres, 25 de Abril do 2008 |
|
O colectivo “VAL, Amigos do Medioambiente” do Porriño e a asociación ecoloxista Verdegaia, realizarán unha concentración o día 26 de Abril a partir das 12.00 na Praza do Concello do Porriño, denunciando publicamente o actual estado de abandono das instalacións da depuradora da bacía do Río Louro e a deixazón por parte da administración autonómica e local do val da Louriña. A depuradora foi inaugurada no ano 2006 e tivo un custo de case 100 millóns de euros.
VAL e Verdegaia esiximos a posta en funcionamento de ditas instalacións.
|
|
|
Novas de Verdegaia-Vigo
|
|
Venres, 18 de Abril do 2008 |
|
A Plataforma de asociacións A Ría Non se Vénde mobilízase contra o cambio climático, a especulación urbanística en Cangas e a destrución sistemática do litoral.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Vigo
|
|
Venres, 04 de Abril do 2008 |
|
Nota de prensa da Rede A Ría Non Se Vende sobre as pretensións da Autoridade Portuaria para a ampliación do porto de Vigo, realizando mais de 230.000 m2 de novos recheos, son o proxecto dun atentado ecolóxico.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 10 - 18 de 76 |