Inicio arrow Novas de Verdegaia-Vigo  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Novas de Verdegaia-Vigo
Verdegaia-Vigo apoia manifesto crítico com o novo PGOM PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Xoves, 04 de Xaneiro do 2007
pxom.jpgVerdegaia-Vigo decidiu aderir o manifesto  "O PXOM de Vigo AP-2006: descripción crítica en 8 puntos"  das associaçons Outro Vigo é Posible e Alternativa Veciñal. Este manifesto é muito crítico com o planeamento de ordenaçom do concelho aprovado pola Câmara Municipal e do que só resta o visto e praze da Conseharia de Política Territorial da  Junta da Galiza.
Ler máis...
 
Reflexións, alternativas e revindicacións para un transporte sostible no Val Miñor PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Martes, 26 de Decembro do 2006

A Asociación de Consumo Responsable do Val Miñor (ACREXOVAL), está levando a cabo unha campaña polo transporte sostible. Dentro desta campaña, elaboraron un documento aberto sobre a situación e posibles alternativas de transporte sostible no Val Miñor. A súa intención é que este documento sexa coñecido pola sociedade e solicitan a quen o lea que lles aporte os comentarios que considere precisos, de xeito que sirvan para enriquecer dito documento.

Descarga o documento 

Ler máis...
 
Verdegaia organiza un roteiro polo río Eifonso PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Mércores, 29 de Novembro do 2006

eifonso03.jpgO río Eifonso é un dos espazos naturais con maior valor ecolóxico do Concello de Vigo. A súa fraga de ribeira, con especies vexetais que en todo o concello só atopamos neste lugar, a pureza das súas augas, a fervenza da Ferrolana (a máis grande da bisbarra) ou a riqueza etnográfica que alberga fan deste río un entorno de singular valor e beleza.

Durante o transcurso do roteiro aproveitaremos a ocasión para observar diferentes especies de plantas, felgos, aves, anfibios, peixes,… e poderemos coñecer algúns dos principais valores naturais e culturais deste espazo natural.

 Será o domingo 3 de decembro, saíndo ás 10:00 dende a Igrexa do Mosteiro (Bembrive).

Ler máis...
 
Caravana ciclista e automovilista pola defensa da Ría de Vigo PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Martes, 28 de Novembro do 2006

cartazcaravana.jpgA día de hoxe a saúde da Ría de Vigo está sendo gravemente agredida e ameazada: verquidos contaminantes, depuradoras deficitarias, aterramentos, plans de urbanización insostíbeis, portos deportivos sen control,... que danan letalmente as praias, outros ecosistemas da ría e os seus recursos, a pesca e o marisqueo. A.C. A Revolta, A.C. Caleidoskopio, Adega, Bouzas Móvete, Foro Social de Cangas, GAS, Luita Verde, OAR Redondela, Salvemos Monteferro, Verdegaia e Voces polo Litoral de Teis convocan para este sábado 2 de decembro, unha caravana en defensa da Ría de Vigo, percorrendo 15 puntos negros. Sairase ás 10:00 da praia de Patos, para chegar ás 14:00 ao xantar popular en Punta Salgueirón (cadaquén levará a súa comida)

Ler máis...
 
"Viaxe ao País das Nubes" Crónicas poéticas das comunidades indíxenas de Oaxaca PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Domingo, 26 de Novembro do 2006

Capa libroO martes 28 de Novembro, ás 20:00h no Centro Cívico do Casco Vello de Vigo (R/Oliva 12), terá lugar a presentación do libro Viaxe Ao País das Nubes. O autor, Manolo Pipas, membro do grupo GAIM (Grupo de Apoio @s Indíxenas Magonistas), daranos a coñecer entre poemas, reflexións e coloquios parte da cruenta situación na que as comunidades indíxenas mexicas están a desenvolver a súa longa e digna loita dende a resistencia pacífica.Presenta o acto o núcleo comarcal Verdegaia en Vigo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 73 - 81 de 83
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Roteiros
Xuntanzas
Contacto
A Ría Non se Vende
   Home  Print  @ Contact Top