Inicio arrow Novas de Verdegaia-Vigo  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Novas de Verdegaia-Vigo
Proxección de "Checkpoint Rock". Cancións desde Palestina en Vigo PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Friday, 04 de June do 2010
checkpoint.jpgAmarante e Vedegaia colaboran o vindeiro luns 7 de Xuño, co Cineclube Lumiere de Vigo, proxectando a película Checkpoint Rock de Fermín Muguruza e Javier Corcuera. A proxección terá lugar na Sala de Conferecias do Centro Cultural Caixanova ás 20:30hs.
Ler máis...
 
Sábado 29 de Maio ás 11:00 - Roteiro pola Xunqueira do Lagares PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Thursday, 27 de May do 2010
edarvigo1.jpgDesde a Ría Non Se Vende (rede da que forma parte Verdegaia) convidamos a un roteiro pola zona húmida da Xunqueira do Lagares, paraxe natural valiosa que  leva anos degradándose debido á instalación da depuradora na súa contorna. Hoxe en día está proxectado para o mesmo sitio unha macrodepuradora que lonxe de arranxar os problemas de contaminación da ría de Vigo o que vai facer é amplificalos. A nova macro-EDAR completaría a destrución irreversible da Xunqueira e dos seus valores naturais, ocuparía territorio e propiedades de xeito innecesario e inútil, e seguiría afectando á saúde e á calidade de vida dos veciños.
Ler máis...
 
Posicionamento de Verdegaia sobre a situación da recolla e tratamento de Residuos Urbanos en Vigo PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Thursday, 20 de May do 2010

puntos-limpios.jpgPerante as ultimas novas publicadas sobre a disposición do Concello de Vigo para crear un Punto  Limpo na cidade por medio dun acordo cunha empresa concesionaria, dende Verdegaia queremos manifestar que dende hai mes es temos remitido diversos escritos ao Concello de Vigo , denunciando a ausencia dunha infraestrutura deste tipo e solicitando información sobre as perspectivas futuras neste eido, propoñendo asimesmo a posíbel utilización de fondos do Plan E II para este fin. Ningún escrito recibiu  resposta algunha, malia ser esta preceptiva.

Ler máis...
 
Crónica das xornadas sobre depuración en Vigo PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Thursday, 20 de May do 2010

Os pasados  30 de abril e  13 de maio realizáronse en Vigo unhas xornadas sobre a situación actual do saneamento na ría de Vigo. Eladio Torres, da Plataformaraceres falou das loitas veciñais, Paco Díaz,  da Asociación Salvemos Pontevedra, afondou na situación ilegal das depuradoras do Lagares (Vigo) e de Pontevedra, dando tamén unha visión sobre as ilegalidades levadas a cabo pola administración tanto na ría de Vigo como na ría de Pontevedra e a indefensión  dos cidadáns ante o poder económico e o poder político. Participaron tamén Pelayo Míguez e Luis Alfonso Rodríguez, que falaron da contaminación microbiolóxica e química nas augas da ría e como estas inflúen tanto na saúde humana como nos sectores produtivos primarios. E como presentador , o coordinador da Comisión de afectados pola depuradora do Lagares.

Ler máis...
 
Debates sobre o saneamento eficaz da Ría de Vigo PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Monday, 10 de May do 2010
O xoves día 13 ás 20:00h no antigo Reitorado de Vigo falaremos da problemática do saneamento, das infraestructuras portuarias, da problemática da contaminación e de como todo isto afecta á Ría de Vigo, un dos ecosistemas mariños máis ricos do mundo.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 37 - 45 de 175
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Xuntanzas
Contacto
Tertulias Verdegaia
Ribeiras do Louro
A Ría Non se Vende
VigoTroca
   Home  Print  @ Contact Top