Inicio arrow Novas de Verdegaia-Vigo  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Novas de Verdegaia-Vigo
Charla coloquio en Vigo sobre o Tratado de Lisboa PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Mércores, 23 de Xaneiro do 2008

Inserida na semana de acción global do Foro Social Mundial (21-26 de xaneiro), o xoves 24 de xaneiro ás 20:00 na Cova dos Ratos (Rúa Roimil nº3, baixo) e baixo o título "Que é o Tratado de Lisboa?"  analizaranse os moitos impactos que teñen as políticas da Unión Europea sobre as nosas vidas e o planeta, e cómo afondan na dinámica de “véndese todo” á cal nos enfrentamos cada vez máis persoas berrando “O Noso mundo non está en venda!”.

Ler máis...
 
Verdegaia solicita a ampliación do Parque Natural do Monte Aloia PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Mércores, 23 de Xaneiro do 2008

Verdegaia vén de apresentar alegacións ó P.R.U.X. (Plano Reitor de Uso e Xestión) do Parque Natural do Monte Aloia para ampliar a súa superficie, de tal xeito que este espazo protexido pase a incluir a totalidade da Serra do Galiñeiro. Esta serra é colindante co citado Parque Natural e alberga un grande número de valores naturais pero na actualidade non conta con ningunha figura de protección. 

Ler máis...
 
O Tratado de Lisboa, evidencia dunha Unión Europea de costas á súa poboación PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Venres, 18 de Xaneiro do 2008
arton7010-eb063.jpg Cun acto informativo na rúa Príncipe de Vigo, Verdegaia e as organizacións da plataforma A Ría Non Se Vende, o sindicato CGT e Xogo Descuberto, queren contrarrestar o desconoñecemento xeralizado por parte da poboación sobre o tratado de Lisboa e os seus contidos e implicacións económicas, sociais e ecolóxicas.
Ler máis...
 
Cangas: Non pasarán PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Xoves, 17 de Xaneiro do 2008
A cidadanía de Cangas, agrupada no Foro Social desa vila do Morrazo, leva máis de dous anos resistindo pacífica pero firmemente, coa súa presencia diaria diante das máquinas, á construción do porto deportivo e a urbanización ilegal de Massó, no Salgueirón.
 
Ler máis...
 
Verdegaia organiza un roteiro pola costa Sur de Vigo PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Xoves, 17 de Xaneiro do 2008
Verdegaia organiza un roteiro pola costa Sur de Vigo o vindeiro domingo, día 20 de xaneiro. Sairemos da praia da Fontaíña, na parroquia de Coruxo, ás 10:00 h. e percorreremos camiñando o treito costeiro que separa ese areal da praia de Canto de area, na parroquia de San Miguel de Oia.
 
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seg. > Remate >>

Resultados 28 - 36 de 77
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Roteiros
Xuntanzas
Contacto
A Ría Non se Vende
   Home  Print  @ Contact Top