Inicio arrow Novas de Verdegaia-Vigo  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Novas de Verdegaia-Vigo
Verdegaia organiza un novo roteiro-denuncia polas Ribeiras do Louro PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Luns, 17 de Novembro do 2008

Verdegaia organizará o vindeiro domingo 23 de novembro un novo roteiro-denuncia guiado polas Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro. Sairemos en bus de liña ás 10:00 h. da estación de autobuses de Vigo para comezar a camiñar arredor das 11:00 h. na lagoa de Orbenlle (O Porriño) onde tamén rematará a ruta a media tarde.

Ler máis...
 
Acto de protesta -Salvar as ribeiras do Louro PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Luns, 29 de Setembro do 2008
 
Verdegaia e a Asociación VAL colocarán un posto informativo en Porriño PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Mércores, 24 de Setembro do 2008

Verdegaia e a Asociación VAL (Voluntariado Ambiental da Louriña) colocarán un posto informativo na Praza do Concello do Porriño o vindeiro sábado 27 a partir das seis da tarde para divulgar os interesantísimos valores naturais e a enorme cantidade de desfeitas que padece o espazo natural das Ribeiras do Louro.

Ler máis...
 
Sabado 27 de setembro. Nova edición do VigoTroca PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Mércores, 24 de Setembro do 2008
Este sábado 27, Vigotroca organiza un novo mercadiño de troco e cesión na rúa Urzáiz, fronte ó mercado do Calvario, entre as 12:00 e as 14:00 h. O mercadiño está aberto a vosa participación: calquera obxecto que teñades na casa, roupa, libros, discos, mobles, electrodomésticos, etc., teñen o seu sitio no mercadiño. Se tedes a casa ateigada de cousas que non utilizades, ou se precisades dalgo e non queredes gastarvos os cartos, contade co troco: unha ocasión de primeira para reutilizar os obxectos e darlle unha vida máis ecolóxica e sustentable as nosas cousas. Por unha economía alternativa e un consumo consciente e responsable, por un planeta libre de bancos depredadores e neoliberalismos rapaces: súmate ao troco e á cesión, súmate ao sentido común. ¡Usa o que precises e comparte o que tes!
A resposta que temos atopado na rúa, entre as veciñas e veciños do barrio, é excelente. O mercadiño estase a consolidar como unha oportunidade de cubrir demandas reais da xente. Este sábado, precisamos a túa colaboración para seguir dándolle vida ao troco. ¡Móvete e baleira o teu trasteiro!
Ler máis...
 
A Ria Non Se Vende apresenta alegacións contra o Plano Vigo Íntegra PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Vigo
Domingo, 21 de Setembro do 2008

A rede de colectivos A Ría Non Se Vende, da que fai parte o Núcleo Comarcal de Verdegaia en Vigo, vén de presentar ante o rexistro nas oficinas da Xunta en Vigo as últimas dos milleiros de alegacións presentadas ante o chamado Plano Viario Integral-Vigo Integra. Cada un dos colectivos que forman parte da rede presentou alegacións a nivel individual e tamén entre todos presentaron unha alegación conxunta asinada por todos e cada un dos colectivos integrantes da citada rede.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 9 de 84
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Roteiros
Xuntanzas
Contacto
A Ría Non se Vende
   Home  Print  @ Contact Top