|
Thursday, 11 de January do 2007 |
O núcleo comarcal Verdegaia en Ourense presentou o mércores 27 de decembro, ás 20:00h no Café Trampitán na Praza Maior, o libro Viaxe Ao País das Nubes. O autor, Manolo Pipas, membro do grupo GAIM (Grupo de Apoio @s Indíxenas Magonistas), deunos a coñecer entre poemas, reflexións e coloquios parte da cruenta situación na que as comunidades indíxenas mexicás están a desenvolver a súa longa e digna loita dende a resistencia pacífica. Ademais o grupo de cantareiras Xestreu amenizou o acto cunha actuación musical.
|
|
|
Wednesday, 10 de January do 2007 |
A Esmorga, Amigos da Terra, Esquerda Unida, Semente e Verdegaia deciden apostar, neste ano que acabamos de estrear, por comezar de forma contundente coa difusión da agroecoloxía como forma de vida tanto para consumidoras/es como para productoras/es.
Propoñen unha serie de palestras, mesas redondas, actividades formativas e video-fórums para achegarnos máis a este mundo e facernos máis partícipes do mesmo.
Para máis información consultar a páxina web http://agrourense.info/
|
|
Ler máis...
|
|
|
Tuesday, 28 de November do 2006 |
|
O pasado 25 de novembro membros de Verdegaia Ourense realizaron unha plantación simbólica de árbores autóctonas para reclamar a utilización deste lugar sen urbanizar do corazón da cidade, coma espazo verde. Esto fronte ao intento da Deputación ourensana de promover a especulación inmobiliaria no mesmo.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Tuesday, 28 de November do 2006 |
|
A asociación ecoloxista Verdegaia Ourense ven de outorgar os seus premios anuais á mellor e peor actuación ambiental do ano que corresponderon a Asociación Ridimoas, e ao concelleiro de urbanismo e medio ambiente do concello de Ourense Enrique Novoa.
A entrega dos premios, xunto cos premios a nível galego realizáronse este sábado 25 de novembro a partir das 22:15 no CIS Aixiña (rúa da Farixa, 7 baixo) en Ourense no decurso dunha cea.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Thursday, 27 de July do 2006 |
O Plan de Excelencia turística da cidade de Ourense inclúe actuacións centradas, entre outras, na creación de nove xardíns que albergarán diferentes especies vexetais. Verdegaia, quere suliñar a importancia dos estudos de impacto ambiental á hora de introducir especies exóticas tanto animais como vexetais no territorio. Neste plano non consta a existencia de ningún estudio medio ambiental rigoroso sobre as actuacións que se pretenden levar adiante. É unha práctica reiterada do Concello de Ourense facer proxectos esaxerados e de dubidosa utilidade sen axustarse a normativas medioambientais vixentes e sen ningún tipo de estudo. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 73 - 78 de 78 |